Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

'Lo que en la tuya me dices' analiza as claves da poética de José Ángel Valente a través da súa 'correspondencia' con Florentino Martino

Este novo volume, conservado na Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, recolle o estudo e a edición realizada polo doutor en Humanidades e profesor na Universidade Federal do Amazonas (Brasil), Saturnino Valladares.

A obra, na que Valladares compila e analiza a relación epistolar cruzada entre Valente e Martino, crítico literario residente durante moitos anos en Venezuela e autor de varios libros de ensaio sobre poesía española contemporánea, inclúe unha ilustración do artista ourensán José Manuel Bouzas, tamén amigo e estudoso de Valente.

Alén da importancia que supón reunir nun volume as arredor de medio centenar de cartas que intercambiaron Valente e Martino, un dos aspectos máis interesantes da obra Lo que en la tuya me dices radica no feito de que a citada relación epistolar permite coñecer algún dos elementos chave da poesía de Valente, a través das respostas dadas polo propio autor ourensán ás interpelacións escritas por Martino, segundo comenta o director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodríguez Fer.

O profesor Rodríguez Fer xustificou a decisión de encomendar este labor de edición a Saturnino Valladares pola súa condición de especialista na poética de Valente e sobre a súa relación epistolar do ourensán con outros autores coetáneos, tales como Antonio Gamoneda ou Gil de Biedma.

Outro dos valores desta nova obra sobre a figura e o legado de José Ángel Valente radica no feito de que Florentino Martino, de 93 anos, mantén plena actividade intelectual, o que permitiu completar a relación de misivas intercambiadas con Valente por parte deste crítico literario retornado a Ribadesella, dado que “como é normal, algunhas cartas non chegaron e outras tamén puideran perderse”, explicou Rodríguez Fer, ao tempo que tamén subliñou a participación activa de Martino na edición deste epistolario.

O director da Cátedra José Ángel Valente da USC, Claudio Rodríguez Fer; o autor de Lo que en la tuya me dices, Saturnino Valladares, e o correspondente Floretino Martino, presentan este venres 15 de xullo, a partir das 18.00 horas, na Casa da Cultura de Ribadesella, esta nova obra xerminada na Cátedra Valente da USC.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información