Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Unhas xornadas abordan a violencia e a morte na historia
    A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das xornadas Violencia e morte na historia, organizadas polo centro co apoio da Vicerreitoría do campus de Ourense. A cita arrancou cunha conferencia de Mª del Carmen Saavedra, catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela, sobre violencia e guerra en época moderna.
  • Esta fin de semana comeza a décimo sexta edición do FIV de Vilalba
    En catro días, o FIV de Vilalba volverá tinguir de fucsia a localidade na que se celebra o primeiro festival da tempada desde fai dezaseis anos. Vilalba espera numerosos visitantes na súa edición máis multitudinaria, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. O venres, o festival abrirá as súas portas ás 19 horas coa sesión de Tangerine Sistas, que dará paso ás actuacións de Moura, Carlangas, Sidecars, La Casa Azul e Akkan.
  • Un concerto e unha instalación sonora, a proposta do Festival Resis esta semana
    O Festival RESIS segue enchendo A Coruña da mellor música contemporánea e arte internacional. Como parte da súa programación, esta semana haberá unha instalación sonora e mais un concerto. O venres, día 28 de abril, ás 20:00, inaugurarase Faro Horizontal/7, instalación que se poderá visitar ata o día 19 de maio na Fundación Luís Seoane. Trátase dunha obra que mestura a música coa arte visual, da man de Marco Maril e Juan Lesta respectivamente.
  • O Festival de Teatro da USC bota o pano coa actriz Ana Esmith 'Miss Beige' como mestra de cerimonias do 'Salón dos rexeitados'
    O Festival de Teatro Universitario de Lugo bota o pano coa actriz Ana Esmith 'Miss Beige' como mestra de cerimonias do 'Salón dos rexeitados', logo dunha edición con 'marcado carácter social e reivindicativo', segundo puxeron de manifesto as temáticas das montaxes presentadas no auditorio Gustavo Freire polas compañías que tomaron parte na última edición deste certame.
  • A 28ª Miteu arranca co espectáculo 'En primicia'
    Como xa é tradición, a Aula Universitaria do campus de Ourense Rosaura arrancou a programación da 28ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A cita, que se prolongará ata o 6 de maio contará con 20 espectáculos, principalmente de teatro universitario e profesional pero tamén de música, circo e danza ofrecidos por compañías estatais e foráneas. Entre elas, as aulas escénicas da Universidade de Vigo terán un papel destacado.
  • A Mostra de Teatro Universitario de Galicia estenderase do 24 de abril ao 4 de maio
    A vixésimo terceira Mostra de Teatro Universitario de Galicia bota a andar este luns 24 de abril en Santiago de Compostela para achegar á comunidade universitaria e á cidadanía as novas creacións da escena teatral das universidades galegas. A Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño, o Teatro Principal e o Auditorio Abanca erguen o pano para acoller a representación de sete pezas ata o 4 de maio.
  • O festival Resis programa unha semana con catro eventos en distintos espazos da Coruña
    A programación desta semana comezará o xoves, día 20, co concerto da Banda Municipal baixo o título Dèserts, ás 20:00 no Teatro Colón. O venres ás 20:00 en Palexco será o concerto Só un Solo, composto e interpretado por Mario G. Cortizo. O sábado, a instalación sonora Organismo / Organscape, dende a 13:00 na Casa-Museo Casares Quiroga, e a proxección do filme Mist, ás 20:00 na Domus.
  • Compañías das tres universidades galegas danse cita no Encontro Universitario de Danza en Compostela
    O Encontro Universitario de Danza que chega á súa vixésimo primeira edición desenvolve este mércores 19, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o seu acto central. Apartir das 20.30 horas, a sesión botará andar coa obra 'Á espera de....', a cargo da aula de danza da Universidade da Coruña. A continuación, será a quenda da Compañía de Danza da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, coa obra titulada 'Corpos Celestes'.
  • Presentada na Coruña a nova edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, FITEUC
    A Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña organiza, un ano máis, o Festival Internacional de Teatro Universitario, FITEUC, os días 18, 25 e 26 de abril no Fórum Metropolitano. O programa incíase o día 18 de abril con Alento, da Espazo de Danza da USC, Corpos Celetes, da Aula de Danza da UVigo - Campus de Ourense, e Á espera de..., da Aula de Danza NORMAL UDC.
  • O Galician Freaky Film Festival convoca o concurso de banda deseñada Neo-Vigo
    O certame de cinema e cultura underground Galician Freaky Film Festival lanza o seu primeiro concurso de banda deseñada. Tomando como referencia Neo-Tokyo, a cidade futurista na que ten lugar Akira, o filme homenaxeado este ano; os traballos presentados deberán estar ambientados en Neo-Vigo. Este Vigo ulterior, distópico e futurista deberá estar presente en todas as obras presentadas.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información