Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • O Festival Seráns en Feixoo está a piques de comezar
    A Praza de Feixoo, en Santiago de Compostela, está lista para acoller a quinta edición do Festival Seráns, que terá lugar do 17 de maio ao 30 de xuño deste ano. O obxectivo deste festival é promover a cultura local e ofrecer unha experiencia musical única para todos os participantes, ademais de proporcionar entretemento á comunidade. Os locais Riquela Pub, Modus Vivendi e Borriquita de Belém, organizan este evento co seu amor pola cidade e compromiso coa música e a cultura.
  • Ponte... nas ondas! lembra a Francisco Fernández del Riego
    No ano 2002, con motivo da celebración da 8ª edición de Ponte...nas ondas! Francisco Fernández del Riego foi convidado a participar na xornada de comunicación interescolar. Don Paco coñeceu de primeira man o que se estaba a facer desde Ponte...nas ondas! , coa súa sabedoría diagnosticou este labor como “sen precedentes” e albiscou un futuro prometedor para a experiencia.
  • A UDC rescata a historia de Irene González Basanta, primeira rapaza en romper barreiras no fútbol
    A Universidade da Coruña, en colaboración con outras entidades, vén de publicar o cómic Irene a porteira, realizado por Xulia Pisón, autora de cómics e debuxante, e Óscar Losada, xornalista especializado en temas de cultura e deporte. O cómic rescata a historia de Irene González Basanta, unha coruñesa que xogou ao fútbol nos anos vinte do pasado século.
  • En CASA VARELA de Damil (Begonte), exposición de pintura sobre a romaría do San Vitorio
    O próximo domingo vaise celebrar a Romaría de San Vitorio na capela do Santo sita na parroquia begontesa de Damil, recuperando a tradición que levaba interrompida os últimos quince anos. Con este motivo, no Restaurante Casa Varela de Damil vén de abrirse unha exposición de pintura sobre temas relacionados coa romaría do San Vitorio: o santo, a capela, a contorna...
  • Os Bolechas presentan un libro homenaxe a Francisco Fernández del Riego, creador do Día das Letras Galegas
    A Caixa Rural de Lugo acolleu a presentación dun novo título da colección As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polo 17 de maio. Arredor de 25 alumnas e alumnos do CEIP Sagrado Corazón de Lugo participaron na presentación, ademais dos propios Bolechas, que recibiron e acompañaron aos escolares na cidade lucense.
  • A UVigo súmase á conmemoración do centenario do Seminario de Estudos Galegos
    Este ano celébrase o centenario da creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha institución cultural creada por intelectuais galeguistas para estudar e divulgar o patrimonio cultural e lingüístico de Galicia. A Universidade de Vigo súmase a esta conmemoración coa celebración os días 19 e 26 de maio dunhas xornadas, chamadas Xeiras con Historia, en Allariz e Ribadavia.
  • Unha análise da nova regulación legal do teletraballo desde diferentes perspectivas
    O docente e investigador da UVigo Alexandre Pazos e os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e docentes da UDC, José Fernando Lousada e Ricardo Ron, son os autores de Trabajo a distancia y teletrabajo. Regulación laboral, procesal y de Seguridad Social; teletrabajo transnacional, publicado pola editorial Tecnos.
  • A actuación da Aula de Teatro do campus de Vigo baixou o pano da 25 edición da Miteu
    Tras máis dun mes de representacións a Aula de Teatro do campus, cun elenco composto por máis dunha ducia de actores e actrices, de Vigo foi a encargada de baixar o pano da XXV edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. Fixérono baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, coa representación da obra Incendios, de Wajdi Mouawad, na que se fala de tres incendios vitais.
  • O FIV de Vilalba pecha a súa edición máis multitudinaria con preto de 6.000 persoas ó longo da fin de semana
    O FIV de Vilalba volveu brillar na súa décimo sexta edición, reunindo a un total de 6.000 persoas que gozaron de toda a programación do festival repartida entre o Escenario Vibra Mahou e o Escenario Emerxente. Os concertos no Escenario Vibra Mahou FIV foron, sen dúbida, os máis esperados da cita, coas actuacións de Lori Meyers, La Casa Azul, Sidonie, Sidecars, Delaporte, Carlangas, Moura, Hickeys, Berta Franklin e as sesións DJ amenizadas por Tangerine Sistas, Akkan e Ochoymedio Djs.
  • O Festival Resis pecha a súa sexta edición esta semana cunha ampla proposta musical
    O Festival RESIS pecha esta semana a súa sexta edición, cunha ampla proposta de actividades vencelladas á música. Na primeira parte da semana, o festival propón o concerto da Sinfonietta da OSG e a presentación de Plasma, froito do programa de Residencias Artísticas do Gaiás 23. Dunha banda, mañá mércores 3 de maio, o Teatro Rosalía de Castro acolle ás 20:00 o concerto Só hai horizonte.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información