Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentada na Coruña a nova edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, FITEUC

A Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes da Universidade da Coruña organiza, un ano máis, o Festival Internacional de Teatro Universitario, FITEUC, os días 18, 25 e 26 de abril no Fórum Metropolitano.

O programa, aberto ao público e gratuíto, é o seguinte:

Día 18 de abril, 20:00 horas - Fórum Metropolitano
Espazo de Danza da USC. Título: ALENTO

Sinopse: Alento é o primeiro e último que temos nesta viaxe da vida. O que nos impulsa á acción e fréanos ante as situacións difíciles, anímanos a danzar e expresar. ¿Que é o que che dá e quita o alento a ti?
Duración: 17 minutos
Coreógrafa: Rosa Acuña
Intérpretes: Ayla Leiva, Sonia L.Pumarega e Carmen Sarmiento

Aula de Danza da UVigo - Campus de Ourense
Título: CORPOS CELESTES

Sinopse: Traballo de investigación ao redor das traxectorias dos corpos celestes e as diferentes densidades do aire.
Duración: 15 minutos
Intérpretes: Ainhoa Viñuela, Alicia Fraga, Ánxela González, Daniele Tommasini, Diego Negro, Belén Ferro, Rosa Puga, Laura Lozano, Mercedes Ferro, Sira González

Aula de Danza NORMAL UDC
Título: Á espera de...

Sinopse: Pasamos a vida agardando por algo...“Á Espera de...” é unha proposta escénica que reflexiona dende o movemento sobre o acto de agardar. Inspirada na obra de Samuel Beckett “Á espera de Godot”.
Duración: 17 minutos
Coreografía: Alba Fernández Cotelo + coreografía colectiva.
Dirección: Alba Fernández Cotelo
Intérpretes: Daniela Castellanos, Remedios Cuba, Cristina Nogueira, Alfonso Louro, Elías Álvarez, Fabiola Fraga, Tania Galán, Estefanía Calo, Ana Blanco, Aida García, Jacqueline Reimúndez, Marta Argüelles e Lucía Castro

Día 25 de abril, 20:00 horas - Fórum Metropolitano
Estrea da Aula de Teatro NORMAL da Universidade da Coruña

Título: VERÁN DO 17
Sinopse: Un suceso antigo pero aínda terrible. Un contratempo recente. Os cambios na vida. Medrar. O medo.
Todo vai marcando a existencia de Sabela, Roque, Toni e Elvis, que de súpeto senten que xa están noutra idade.
Anos despois, un encontro casual co profesor de Física, Océano, leva á panda, e á xente toda, a lembrar aquel verán do 17.
Duración: 45 minutos
Dirección: Rubén Ruibal e Laura Mariño Sánchez
Dramaturxia: Rubén Ruibal a partir de improvisacións e creación colectiva
Banda Sonora: Andrés Rey
Intérpretes:
OCÉANO - Andrés Rey
SABELA - Laura Pereira R.
ROQUE - Pedro F. Lago
TONI – Pablo G. Lagoa
PAZ – Elena Canido
ESPE – Xeila Santiago L.
JOSE – David M. Reboredo
ELVIS – Elena G. Ortigueira

Día 26 de abril, 20:00 horas - Fórum Metropolitano
Función da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela

Título: «Observacións sobre a felicidade (Composición e manexo)»
Sinopse:
- Estás equivocada. Falar da felicidade é falar de ciencia. A felicidade non é un asunto relativo ao espírito ou ao intanxible: é unha cuestión científica. A felicidade é unha cuestión de neurotransmisores, que son as biomoléculas que transmiten información entre neuronas; ou desde unha neurona ata ás glándulas ou ás células do noso organismo.
-O que ti digas. Pero a felicidade non é un asunto, medible ou pesable. Non é algo verificable, suxeito ao esquema proba erro
Duración: 50 minutos
Dirección: Roberto Salgueiro
Axudante de dirección: Ximena Torrón
Dramaturxia: Roberto Salgueiro, a partir de textos propios e tamén de Aira Portos e Laura López.
Intérpretes: Bárbara María Domínguez, Laura López, Aira Portos, Laura Codesido y Breixo Barreiro
Universidade da Coruña

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información