Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Banda de Gaitas de Cántigas e Frores, de Lugo, representará a Galicia no Festival Interceltique Lorient 2016

Neste festival Galicia estará representada por unha delegación conformada por 150 persoas: grupos como A Vagabán (tamén lugués); Riobó; Vaamonde, Lamas & Romero; Brincadeira (Santiago de Compostela); Banda de Gaitas Malante (Malpica) acompañarán á Banda de Gaitas de Cántigas e Frores amosando a nosa cultura en diferentes espazos da cidade de Lorient.

O Festival Interceltique Lorient celébrase dende o ano 1971 na localidade francesa do mesmo nome. Terán representación, a maiores de Galicia (Galiza): Irlanda (Eire), Escocia (Alba), Bretaña (Breizh), Gales (Cymru), Illa de Man (Mannin), Cornualles (Kernow) e Asturias (Asturies). Dende o ano 2000, ano do mundo celta, engadíronse representacións de paises con emigración das nacións celtas como EEUU, Australia, Nova Zelandia, Arxentina e México.

A Banda de Gaitas de Cántigas e Frores actuará nas Nuit Interceltique dos días 6, 7, 9, 10 e 11 de agosto no Moustoir Stadium (estadio de fútbol do equipo de fútbol Lorient); na Grande Parade o 7 de agosto; e no Espace Marine dentro do acto de Musiques et danses du monde celte. Por outra banda, o grupo lugués A Vagabán formado por Bruno Villamor e Paula Fernández actuarán na Eglise Saint-Louis no ciclo de Musiques Sacrées, no que compartirán escenario con grupos de Cornualles. Esta non é a primeira vez que Cántigas e Frores participa neste festival, xa que no ano 1990, acompañados da extinta Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Lugo, representaron a Galicia, no que é considerado o maior festival de música tradicional do mundo.
Cántigas e Frores

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información