Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Cachaldora

  • General
  • Galerías
  • Relacionados

General

Rafael Morales chámase a sí mesmo Cachaldora pola linfa herdada da rama materna.
Nace en Ourense en 1973, dezanove anos despois atrapárono liñas e cores para berrar e contar un soño en historia.
En Estudio 34, na terra das Burgas, en 1990 degustou a idea de que os seus cadros escoitasen as tertulias de café e nicotina. Corre o destino, as exposicións pola provincia e no umbral da librería Eixo fabulou cor e tinta, coloquios ebrios de cadros e libros, marcando pegada acobillado polo granito da Universidade Politécnica de Ourense.
Colgar e descolgar, colocaron as súas pupilas na escultura, recibiu por elo o segundo premio no Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude 2001.
O bolígrafo Bic voltouse lento, ós rotuladores faltábanlles gamas, o aire, entre rocío e rocío, regaláballe o esmalte ensinándolle a volar. Adoptado en Allariz, deulle aposento Compostela, Galería Mc, Casa do escudo de Verín, en Madrid carta de cidadanía na galería Rina Bouwen. Tokio, Bos Aires, NY, Miami, París, Berlín, Siena, Florencia… Os seus “fillos” adiantáronse os seus pasos ó descobremento desas paisaxes. O corazón nunca xeográfico, na ágora do Ateneo ourensano inhalou a antoloxía da súa obra no 2006. Puntos novos, parénteses en 2007 á Moncloa de San Lázaro, onde espuxo a defensa do seu realismo histórico con Realismos do Maxín.
En 2009 cruza o mar en medio das terras con Ontología unha arriscada representación dos seus sentimentos e da percepción da existencia, recorrendo Monforte San Giorgio, en Sicilia, e os vales e colinas toscanos ata a beira de Castiglione della Pescaia. Forxada camaradería italiana, é invitado a participar no Italian National Day 2010 pola delegación italiana do College of Europe en Varsovia coa Divina Comedia, perfilando unha perspectiva personal da viaxe existencial de Dante con profundo contido reflexivo.
Na actualidade executa La Obsesión del Figurista, unha pictoescultura viva que invita a reencontrarse coa fantasía da forma.

Galerías

Selección de obras.

    Relacionados

    Cachaldora
    La Voz de Galicia 30.07.2009
    La Voz de Galicia 31.07.2009
    Il Cittadino di Messina
    Tempo Stretto
    C6.TV
    La Voz de Galicia 21.02.2010

    Directorio

    • Ensinanza (19)
    • Editoriales (97)
    • Museos (122)
    • Salas Exposición (127)
    • Artesanía (554)
      • cerámicas (108)
      • coiro (46)
      • gráficas (12)
      • metal (82)
      • pedra (40)
      • vidro (30)
      • instrumentos (22)
      • textil (68)
      • xoiería (39)
      • madeira (67)
      • varios (41)
    • Teatro (239)
      • maxia (22)
      • aficionados (126)
      • compañías profesionais (93)
    • Música (1179)
      • son e iluminación (22)
      • varios (168)
      • solistas, duos y trios (30)
      • orquestras y grupos (43)
      • música clásica (283)
      • grupos folk-rock-pop (154)
      • rondallas (39)
      • corais e orfeóns (296)
      • bandas de música (149)
    • Cultura Tradicional (319)
      • agrupacións de canto tradicional (56)
      • grupos de música popular (262)
    • Bibliotecas (813)
      • bibliotecas públicas (456)
      • bibliotecas especializadas (357)
    • Danza (308)
      • outras danzas (38)
      • danza tradicional galega (270)

    Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

    Aldeas Gallegas

    Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
    Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información