Crítica
A PINTURA DE YEBRA DE ARES
Yebra de Ares, que partiu do Debuxo, -como esixíu Blake-, para chegar á pintura ó óleo ofrécenos nas súas obras, das que é tema principal a figura humana aillado ou formando cadros "de xénero". Estudioso das Artes Plásticas, encontrou unha técnica propia, que da polo tanto, carácter especial ás súas obras.
Yebra de Ares non se detén na clásica liña definidora de volumes. El sabe en frases de Real, que "é asombroso o abstrata que pode ser unha liña sen ofender os códigos "clásicos" de representación. Por iso, como algúns dos pintores do postcubismo, logra facer real o que a simple vista, parecería distorsionado, pero que serve para dar á figura humana non só expresión e movemento senón que contribúe a destacala peculiar sicoloxía da persoa representada, segundo a función executiva.
Característica deste pintor é plasmala figuura e en especial o fondo, mediante planos xeométricos de ángulos, de modo similar como Paul Klee realizou o seu cadro "Capullo rojo y blanco". Esta técnica préstase para a utilización da espátula, coa que Yebra obtén efectos de relieve e especiais reflexos.
José Trapero Pardo, Membro da Real Academia Galega.
A PINTURA DE YEBRA DE ARES
Unha das maiores contradicións da pintura é a unidade que se lle pide ó artista cando é diverso; e a diversidade cando xa consiguen aquela.
A obra que nesta ocasión mostra Yebra de Ares pon de manifesto que detrás dun dominio e unha autoridade pouco corrente, o seu autor encóntrase no gran camiño dos pinceis onde é máis fácil atopar que buscar, onde as preocupacións estilísticas están menos presentes e non porque se lles reste importancia, senón porque xa están resoltas.
En efecto, Yebra de Ares soluciona con estimable facilidade tódolos problemas de composición. Quizáis por elo, o seu reto ante o lenzo está máis enfocado á investigación formal, á consecución dunha obra persoal completa e diferenciada, onde Galicia aparece seguindo a liña marcada polos valores consagrados da nosa plástica.
José de Cora