Pasar al contenido principal

Vidal, Leonardo

General

Categorías: 
Pintura

Leonardo Vidal Rodríguez naceu o 4 de maio de 1942, en Ordelles (Ourense).

CURRÍCULUM
Pintor autodidacta que practica a pintura ó óleo principalmente, simultaneando con acuarela, pastel e a escultura. Colabora na ilustración de libros, revistas e publicacións en xeral.
En 1983, funda e dirixe a súa propia escola de pintura en Verín (Ourense) onde reside. A partir de 1991 é profesor de óleo na Escola de Artes e Oficios Municipal da citada vila.
Leonardo fuxe de andar a percura de ventas ou encárregos, suculentos as máis das veces, por parte das persoas e organismos que poidan facer as delicias dun pintor. En vez disto encérrase na soidade do seu estudio a pintar aquello que lle pete sin máis contemplacións e miramentos que o seu propio pracer no desenrolo dun traballo ben feito na procura inqueda, laboriosa e permanente de algo novo que mostrar, no perfeccionamento do seu propio estilo tratando de atopar novas luces, novas formas, novas ideas para o que non escatima horas de traballo no estudio teórico e práctico en leccións exhaustivas a través dos grandes mestres da pintura.
Despois de pasar por distintas etapas que comezan cos primeiros anos da xuventude tratando de facerse co oficio e manexo do medio adícase especialmente á figura. Máis tarde descobre o bodegón e a paisaxe. Na actualidade é a pintura de interiores o que lle inqueda onde trata de captar as luces propias de cada momento e de cada rincón espacial.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
Verín (Ourense). 1974, 1975, 1978, 1979, 1985, 1987, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999.
Ateneo de Ourense. 1975
Caixa de Aforros de Pontevedra. 1976,1978.
Centro artístico de Granada. 1976.
Museo arqueolóxico de Ourense. 1977, 1980.
Excma. Deputación de Lugo. 1977.
Excmo. Concello de Ferrol. 1978.
Galería de Arte Souto. Ourense. 1979.
Sala de Arte El Greco (Madrid). 1979, 1981.
Caixa de Aforros de Santiago. 1980, 1981.
Excma. Deputación da Coruña. 1982.
Sala Toisón. Madrid. 1983, 2001, 2003.
Casa da Cultura. Ourense. 1984.
Caixa de Aforros de Vigo. 1984, 1985, 1988, 1990, 1998, 1999.
Galería Cellini. Madrid. 1985.
Academia de Bellas Artes. Sabadell. 1987.
Club de Campo. Elda. 1987.
Sala Velásquez. Valladolid. 1991.
Asociación de Artistas. A Coruña. 1991.
Galería Argar. Almería. 1992, 1993, 1998.
Galería Obelisco. A Coruña. 1992.
Galería Zenhid. Madrid. 1992.
Centro Cultural Buenavista. Madrid. 1994.
Galería Rovira. Barcelona. 1995, 1997.
Centro Gallego. Madrid. 1995.
Museo da Regiao Flaviense. Chaves (Portugal). 1996.
Salón Casino Ponferrada. 1996.
Galería Arte Imagen. A Coruña. 1996, 1998.
Sala Murillo. Oviedo. 1997, 1998, 2000, 2004.
Sala Almirante. Lugo. 1997.
Sala Santa Engracia. Madrid. 1997, 1998, 2000.
Sala Dukessa. Vitoria. 1999, 2000.
Sala Ercilla. Bilbao. 1999.
Sala de Arte Monticelli. Gijón. 1999, 2000, 2003.
Artexpo 2000. Barcelona. 2000.
La Tacita d’Juan. Santiago. 2000, 2002, 2003, 2004.
Galería Bernesga. León. 2001.
Gaudi Art Gallery. Chicago. 2002.
Galería Coarte. A Coruña. 2002.
Galería Delicias. Madrid. 2003.
Club Financiero. Vigo. 2003.
Centro Cultural Deputación Ourense. 2003.
Galería Toisón. Madrid. 1995, 2001, 2002.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
Caracas, México; Exposición Itinerante Plástica Galega da Xunta de Galicia; II - III - IV - V - VI - VII - VIII - IX - X, Exposición de minicadros de Galería Argar, Almería; Sala de Arte Vera, Almería; Galería de Arte Velásquez, Valladolid; Homenaxe ó pintor Nadir Afonso, Portugal; Valdearte, 92; Cinco pintores Verinenses 93; Profesores Escuela de Arte 93; Maestros Escuela de Arte 94; Grupo Solainas das Artes, Círculo das Artes, Lugo, 94; Galería Rovira, Sabadell 95; Hostas dos Reis Católicos, Santiago; Galería Toisón, Madrid 2001.

Críticas

Crítica

LEONARDO VIDAL, BELLEZA CLÁSICA
Dan ganas de subirse a la bicicleta del cuadro y pedalear la exposición entera por reencontrarse con rincones, enseres… entrañables, antiguos, que no viejos; he ahí la magia de Leonardo Vidal Rodríguez. La propuesta es un viaje hacia la perfección del...

Galerías

Galería
  • Pintura