CURRÍCULUM
Comeza a súa carreira artística ós 14 anos. Ós 15, recibe varias mencións especiais, en concursos de pintura realizados ó aire libre, así como algún premio en metálico.
Ós 16 anos preséntase a tres concursos de pintura ó óleo, obtendo o primeiro premio no Certame de Artes...
Martín Franco, Belén
General

Belén Martín Franco naceu en Lugo o 28 de nadal de 1970.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, primeiro e en Filoloxía Hispánica, despois na Universidade de Santiago. Foi durante 5 cursos lectora de Lingua Galega na Universidade Rennes 2 -Haute Bretagne na que tamén realizou un DEA en ‘Langues et cultures etrangeres et regionales’.
Coordinadora e colaboradora dos primeiros números de ‘Cahiers Galiciens’.
Na capital da Bretaña recibiu clases de pintura e debuxo, e mesmo foi galardoada co primeiro premio nun prestixioso certame desa cidade.
Ten tamén un Master en Literatura Comparada pola UNED.
Traduciu ó castelán "Dous homes ou tres", "Lembranza nova de vellos mesteres" para a editorial SM e "Novas cousas de Ramón Lamote" para Anaya. Tamén ó francés e traducións deses idiomas -e mesmo dende o inglés e italiano- ó galego.
É profesora numeraria de Galego en Ensino Secundario dende 1996.
Publicou "Na procura do paraíso perdido. Viaxes imaxinarias e reais na obra de Álvaro Cunqueiro" (Deputación de Lugo, 2010) e ilustrou "A rula, o peluche e a nena" (Ed. Xerais).
Ten como afección, dende moi nena, o debuxo e a pintura.