Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

Xosé Val Díaz, Valdi, nado na parroquia de San Cibrao de Montecubeiro, no Concello lugués de Castroverde, leva afincado en Sada xa dende hai anos, e expón por segunda vez na Casa da Cultura as súas creacións, pero a súa obra é de sobra coñecida en Curtis e Sobrado. Tamén no CEIP de Tarrío-Culleredo, e Melide onde realizou exposicións e obradoiros in situ. Participou en diversas feiras medievais en Guitiriz. No País Vasco, onde residiu por algún tempo, queda constancia do seu bo facer e peculiar traballo en varias obras, en trofeos deportivos así como na restauración de imaxinería relixiosa.
Defínese como artesán que modela e lle saca á pedra e á madeira todo aquilo que lle impide presentarse como unha manifestación artística. Ás veces é pouco ou nada o que ten que pulir ou rebaixar o noso artista, pois a propia peza, de seu, xa modelada polas mans da natureza, amosa unha orixinal silueta, contorno ou perfil e o único que fai Valdi é suliñalo ou acentualo.
No paseo marítimo, frente ao Concello, un monolito saído das súas mans lembra aos sadenses represaliados no 36.
Nas obras que aquí presenta pódese ver e comprender esa liberación da madeira da que nos fala xa que, sen deixar de ser unha unidade dentro do tronco, Valdi, sabe descubrir e destapar as artísticas formas que en si encerran logrando unhas orixinais creacións, froito da súa innovadora, inspirada e persoal visión para amosar o que de singular teñen tan estimables materiais.
Edmundo Moure, escritor que presentou en Sada os artigos que escribiu Ramón Suárez Picallo na súa estadía en Chile, di que Valdi é "un escultor de mans creadoras que fan canta-las pedras e xemir a as nobres madeiras".

Francisco Pita

Valdi

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información