Pasar al contenido principal

Taboada, Rosa

General

Categorías: 
Fotografía

 
A súa relación coa fotografía iníciase trala visita a unha exposición de Man Ray onde queda impresionada pola forza e a técnica das súas imaxes. Como estudante de Filosofía comeza a tomar fotografías para traballos de antropoloxía e en xulio de 1999 viaxa por primeira vez a París onde reside no Colexio de España. Coa súa cámara ó hombro percorre tódalas galerías e exposicións da capital da luz, onde descobre a obra de Robert Mapplethorpe. De volta, continúa realizando fotografías para publicidade e aprendendo de xeito autodidacta sobre fotografía, cine e historia da arte. En 2006 toma a decisión de adicarse á fotografía e realiza un taller de Isabel Muñoz no que aprende a técnica da platinotipia. Dous meses máis tarde abre o seu propio estudio. Ó ano seguinte realiza un taller de Carlos Cánovas onde aprende o manexo da cámara de placas e en setembro de ese mesmo ano viaxa a Vancouver para realizar un taller xunto a Ralph Gibson. En 2008 iníciase a sú aproximación á linguaxe cinematográfico e á realización de curtametraxes. Na actualidade desenvolve a súa traxectoria artística en Santiago de Compostela.

Galerías

Fotografía
  • Fotografía