Paco Ascón nace hai 61 anos en Barcelona, pero moi cedo trasládase á Galiza, onde na Coruña entra en contacto con grandes artistas galegos e, por riba de todo, coa maravillosa paisaxe gallega, que reflicte unha e outra vez nos seus lenzos e papeis dende 1974.
Neste ano comeza...
Siro
General
Siro López Lorenzo naceu en Ferrol o 19 de Xaneiro do 1943.
CURRÍCULUM
1970. Publica os primeiros debuxos de humor na revista Chan, que dirixía Borobó.
1971. Comezou a colaborar con debuxos de humor e caricaturas no Ferrol Diario.
1972. Pasou a El Ideal Gallego, onde fixo debuxo de humor, caricatura política e artigos sobre arte e cultura galega. Tamén publicou O tío de Xurxo, primeiro curso de iniciación ó idioma galego que saiu na prensa escrita.
1973. Creou con Carlos Casares o espacio Con esta lupa -o primeiro sobre política internacional en idioma galego-, que publicou La Región.
1980. Empezou a colaborar en El Norte de Galicia.
1985. Desde este ano pertence á redacción de La Voz de Galicia, xornal no que trata diariamente a caricatura da vida política galega.
2000. Coordina o Xatentendo.com, suplemento de humor de La Voz de Galicia.
Durante anos colaborou en revistas como Teima, Encrucillada, Grial e outras.
De 1997 a 1999 fixo con Xosé Luis Alvite o espacio Almas del nueve largo, en Diario 16 e Diario de León.
ÁLBUMES PUBLICADOS
Humor 71 (1971)
Probes Homes (1975)
Os pecados capitales (1977)
Homes e mulleres (1980)
Coas raíces na Terra (1980)
Historia gráfica de 2 anos (1982)
18 espidos de muller (1983)
Debuxos de humor (1985)
In saecula saeculorum amén (1986)
Cofrades do cristo da autonomía (1988)
Debuxos (1988)
Xente na brétema (1988)
¡Ozú la ezpo! (1992)
16 anos de Parlamento Galego (1998)
Siro 30 anos despois (2000)
Xente na brétema (Nova versión 2003)
ILUSTRACIÓNS
Ilustrou ibros de Xabier Alcalá, Carlos Durán, Gayoso Veiga, Pepe Carballude, Fernández Formoso, Helena Villar, Cristina Amenedo, Mario Couceiro, Rábade Paredes, Neira Vilas, Vicente Araguas, Chao Rego, Manolo Rivas, Barreiro Rivas e Javier de Ronda entre outros.
Para o Proxecto Galicia de Hércules de Edicións fixo as ilustracións dos dous volumes dedicados á antropoloxía.
Ensaios: 'A caricatura como arte', 'Castelao debuxante humorista', 'Simplicissimus', 'Gulbransson e Castelao', 'Bagaría, mestre da caricatura modernista', 'Antecedentes históricos da caricatura e o debuxo de humor', 'Con Rafael Dieste nos arquivos do trasno', 'Luis Seoane debuxante'.
Libros de ensaio: O caricaturista Xosé María Cao (1993), Castelao humorista (1996), Celestino Fernández de la Vega (2002)
Libros didácticos: Como debuxar caricaturas (1991), Castelao e os nenos
Narrativa ilustrada: Boliche (1980), Sorrir en Frades (1995)
Teatro: Hai que confiar na esperanza (2004)
PREMIOS
Merlín (El Progreso, 1980)
Vieira do Humor Gráfico (Enxebre Orde da Vieira, 1982)
Fernández Latorre (La Voz de Galicia, 1986)
Santiago (Radio Televisión Española en Galicia, 1987)
Ferrolán do ano 1991
Xornalismo (Xunta de Galicia, 1991)
Comunicación (Xunta de Galicia, 1996)
Merlín (Museo do humor de Fene, 1996)
Medalla de Galicia (Xunta de Galicia, 1997)
Álvaro Cunqueiro de Teatro (Igaem, 2004)
EXPOSICIÓNS
Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Betanzos, Pontedeume, Ribadeo, Madrid, Bilbao, Barcelona, Lisboa.
OBRA PÚBLICA
Praza do humor de A Coruña (1990)
Monumento ó mariñeiro de Moaña (2002)
RADIO
Comezou no ano 70 na COPE (Ferrol). Desde entón realizou e presentou espacios culturais e humorísticos na COPE, Radio Nacional de España en Galicia, Antena3 e Radio Voz.
En Antena3 Galicia dirixiu o curso de iniciación ó galego Galego coloquial, en colaboración co ILG.
O programa Corre Carmela que chove, que baixo a súa dirección e con guión da súa autoría se emite en Radio Voz Galicia desde febreiro do 93 e que obtivo no ano 94 o Premio Comunicación da Xunta de Galicia.
TELEVISIÓN
Para a TVG escribiu guións de espacios como Mosteiros ou Lendas, e fixo o guión e a dirección doutros como Riscos e ¿Imos aló? -primeiro curso de iniciación ó idioma galego emitido neste medio-.
COUSAS
No ano 97 deseñou o selo de Correos conmemorativo do Día das Letras Galegas, adicado a Ánxel Fole.
En colaboración co escultor Ferreiro Badía realizou as coleccións de medallas Letras Galegas e Xacobeo 99.