Julio Diego Leira Sanmartín, 'Borxa' naceu en Salamanca o 10 de outubro de 1949.
-1998: Fotografía Profesional. Curso de Laboratorio, EFTI - Estudo de Formación de Técnicos da Imaxe (Madrid). Profesor: José M. Castro Prieto.
-1999: Fotografía Profesional. Curso de Reportaje...
Darriba, Luz
General

Luz María Darriba Magadán naceu en Montevideo o 12 de abril de 1954.
CURRÍCULUM
Cursou estudios en Bos Aires na Escola de Belas Artes "Manuel Belgrano", na Superior de Belas Artes "Prilidiano Pueyrredón" e "Ernesto de la Cárcova". Foi profesora superior de artes visuais, debuxo, gravado, pintura e escultura. Entre 1977 e 1992 realizou máis de 200 exposicións colectivas en Arxentina, Uruguai, Brasil, España e Alemaña.
OBRAS
Participou en decenas de conferencias, seminarios e congresos de arte (tamén como relatora). Organizou exposicións internacionais, formou parte do xurado en diferentes certames internacionais, presentou exposicións de catálogos de outros artistas e foi crítica de arte. Desde fai anos estase metendo no mundo das instalacións, intervencións e investigacións teóricas na arte contemporánea.
PREMIOS E BOLSAS
Recibiu máis de 40 premios e bolsas internacionais, entre os que destacan: 1983. Gran Premio Fondo Nacional das Artes (Bos Aires); 1986. Premio ó mellor artista estranxeiro no LXXV Salón Nacional de Artes Plásticas (Bos Aires); 1986. Premio Rotary Club LXI Salón Anual de Santa Fe; 1992. 1º Certame Internacional de Gravado (Museo de Ourense); 1993. Bolsa de creación artística Xunta de Galicia; 1994. Bolsa Atelier "Ivonne Jean Haffen" (Francia); 1996. 1º premio Citta d'Avelino (Italia); 1998. 3º Premio Academia Internazionale d'Arte Moderna (Roma), 1999. Premio Plasticalatina (París). Realizou máis de trinta exposicións individuais nunha ducia de países, a última delas na intervención en París na sede da UNESCO con máis de 3.000 libros "Livres avec des libres". Foi a promotora do "Proxecto Cúmulum", que rodeou con máis de 500.000 libros a muralla romana de Lugo. En 2012 obtivo o 1º premio no certame ANXEL FOLE DE RELATO, convocado polo Concello de Lugo
luzdarriba@hispavista.com