Pasar al contenido principal

Cobas, Xosé

General

Categorías: 
Ilustración

Xosé Cobas Gómez naceu na primavera do ano 1953, en Logrosa-Negreira (A Coruña).

CURRÍCULUM
Dende cativo mantivo sempre unha grande afección polo debuxo e maila pintura, para chegar a se converter despois nunha necesidade.
No ano 1977 realizou a súa primeira exposición individual de pintura na Coruña, á que lle seguiron outras moitas en distintas cidades galegas e españolas, así como en bienais e certames de Artes Plásticas.
A partir de 1980 compaxina a pintura co deseño gráfico e maila ilustración, tanto en libros como en publicacións periódicas.
Dende 1988 centra a súa actividade de ilustrador no campo do libro infantil e xuvenil e, dende esta data, ten ilustrado a moitos dos autores e autoras máis prestixiosos do panorama literario español, coma é o caso de Juan Farias, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey (estes tres, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil), Antonio García Teijeiro, Antonio Torrado, etc... Isto lévao a ver os seus traballos publicados en diversas editoriais, como Grupo Anaya, Everest, Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Magisterio-Casals, Edelvives, Alfaguara-Santillana, etc... Ten ilustrado, neste eido, arredor de oitenta libros.

Diversas revistas especializadas en literatura infantil e xuvenil téñense ocupado da súa obra, nalgúns casos adicándolle monográficos, como CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil), Peonza ou Fadamorgana. Mención á parte merece citar a revista de banda deseñada Golfiño, na que, xunto co autor Xabier P. Docampo, ten participado cun traballo secuenciado en catro números.

Na actualidade, e dende 1991, é o deseñador gráfico da Deputación da Coruña.

PREMIOS
- Premio Lecturas na súa cuarta edición, no ano 2003, ó ilustrador máis votado polos lectores das bibliotecas de Galicia entre toda a produción editorial do ano.
- Premio F.E.T.E.N. ó mellor libro de teatro xuvenil ilustrado en España (ano 2002).
- Premio Gourmand World Cookbook Awards 2004, ó mellor libro do mundo de literatura gastronómica en castelán.

EXPOSICIÓNS
Como ilustrador de literatura infantil e xuvenil fun invitado a participar en diversas exposicións, entre outras:
- Galicia Solidariedade (GALIX_Xunta de Galicia). Itinerante.
- As Cores do vento. Xunta de Galicia. Itinerante por diversas cidades de Galicia.
- Tercer Centenario de Caperucita Roja. OEPLI (Madrid). Itinerante en España.
- El ratoncito Pérez. OEPLI (Madrid). Itinerante en España.
- Salón do Cómic da Coruña. Ano 2002.
- Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia. Anos 2001, 2002, 2003 e 2004.
- Bienal Internacional de Bratislava. Ano 2003. (Invitado polo Ministerio de Cultura español.)
- Exposición de ilustración infantil española contemporánea, en Bolzano, Roma, Nápoles e Cagliari. Anos 2004/05.

PUBLICACIÓNS
Selección de libros de literatura infantil e xuvenil que teño ilustrado:
- A nena de auga e o príncipe de lume. Xabier P. Docampo. Xerais, 1989 e 1992. Col. Merlín.
- O país durminte. Xabier P. Docampo. Xerais, 1992. Col. Merlín.
- Fantasía en re maior. Antonio Teijeiro. Edelvives, 1994. Col. Ala Delta.
- Adelaida, Henrique e demais familia. Xabier Docampo. Galaxia, 1996. Col. Árbore.
- Cuando por la noche llaman a la puerta. Xabier P. Docampo. Anaya, 1996. Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995.
- O pazo baleiro. Xabier P. Docampo. Editorial Anaya, 1997.
- O home que inventou unha maneira de andar. Xabier P. Docampo. Galaxia, 1998.
- La posada del séptimo día. Juan Farias. Editorial Everest, 1998.
- Caderno de fume. Antonio García Teijeiro. Editorial Anaya, 1999.
- Andrea quere ser maior. Pepe Carballude. Editorial Everest, 1999.
- Ismael que fue marinero. Juan Farias. Editorial Everest, 1999.
- Teatro ás tres pancadas. Antonio Torrado. Xerais, 1999.
- Nube de neve. Xabier P. Docampo. Editorial Everest, 2000.
- Unha pantasma branca. Fina Casalderrey. Editorial Everest, 2000.
- Un circo de nubes. Xoán Babarro. Editorial Everest, 2000.
- ¿Víchela, víchela? Xabier P. Docampo. Magisterio-Casals, 2001.
- Amar e outros verbos. Ana María Fernández. Editorial Everest, 2001. Premio Lazarillo 2001.
- A merla de trapo. Antón Cortizas. Xerais, 2001. Premio Merlín 2001.
- Un conto de tres noites. Xabier P. Docampo. Xerais, 2002.
- Os peixes de cores. Antonio García Teijeiro. Xerais, 2002.
- ¿Onde van as bolboretas no inverno? Gloria Sánchez. Editorial Everest, 2002.
- A casa da luz. Xabier P. Docampo. Editorial Anaya, 2002.
- Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro. Editorial Everest, 2003.
- O galo avisado e o raposo trampulleiro. Antonio Reigosa. Ed. Xerais de Galicia, 2003.
- Bolboretas. Xabier P. Docampo. Editorial Everest, 2004.
- O país de amarnos. Ana María Fernández. Editorial Everest, 2004.
- Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales. AA.VV. Xunta de Galicia, 2004.
- Don Quijote de la Mancha. Versión e adaptación teatral de Carlos Álvarez-Nóvoa. Editorial Everest, 2005.
- A bruxiña da sorte. Concha Blanco. Alfaguara-Obradoiro, 2005.

Sección de libros para adultos que ten ilustrado:
- La cocina práctica, por Picadillo. Editorial Everest, 2001.
- De sabores y de amores. Manuel Julbe. Editorial Everest, 2004.
- Cuentos populares españoles de Almodóvar. (Coilustrador.) Ed. Anaya, 2002.

A isto hai que engadir a ilustración de diversos libros de texto para distintas editoriais (Anaya, Xerais, Magisterio-Casals, Everest, Santillana, etc...), así como varios libros de poesía e teatro para adultos.

Galerías

Galería
  • Ilustración