Naceu en Outeiro de Orraca, Allariz (Ourense) 1956
FORMACIÓN
Oficial de axustador na escola de mestría de Elgoibar (1972). 1972-1977- Axustador montador na empresa ACME de Elgoibar. 1980- Iniciación á escultura de...
Hernández, Mercedes
General
Mª de las Mercedes Hernández Ruiz, naceu en Lugo.
CURRÍCULUM
De pai salmantino e nai rioxana, estuda no Colexio das Xosefinas ata que en 1974 se desplaza a Santiago de Compostela para estudar medicina.
O concluir a carreira regresa a Lugo, onde comeza a traballar no Centro de Especialidades, simultaneando este traballo, dende 1994 ata o ano 2000, co que realiza no servizo de urxencias do Policlínico Lucense (POLUSA).
Dende o ano 2000 está adscrita ó servizo de Admisión do Hospital Xeral de Lugo como responsable do Servizo de Atención ó Usuario.
Dada a súa afección a todo tipo de expresión artística, á historia da arte e á historia en xeral, intenta dende hai uns anos concluir a licenciatura en Xeografía e Historia na UNED.
Dende que aprende a coller un lápiz, descubre que lle gusta debuxar e colorear. Dende os sete anos e ata os dez, recibe clases de debuxo do recoñecido pintor López Guntín. Durante os anos de bacharelato e da carreira fai un parón nestas clases.
No ano 1980 reinicia clases de debuxo e pintura, tamén a cargo dun recoñecido pintor, Don Xesús Blas Lourés, sendo admiradora do seu dominio do color, o seu decidido trazo, e eses sinxelos debuxos que concentran en sabias liñas o fundamento, e a alma de calquera cousa que pinta. No ano 2000 abandona estas clases por motivos laborais.
Técnicas empregadas, habitualmente o óleo, e só ocasionalmente tenta facer algunha acuarela.
En 2005 o xornal El Progreso publicou unha entrevista súa polo feito de ser Médico e afeccionada á Pintura e á Fotografía.
EXPOSICIÓNS
As de final dos cursos realizados no Círculo da Artes de Lugo.
I Exposición Itinerante de Médicos Artistas Plásticos de Galicia no Camiño, entre os anos 2008-2009.
Exposición de Médicos Artistas Plásticos de Galicia, no Barco de Valdeorras, no mes de Xuño de 2009.
Medicina e Arte, outro Camiño; entre os meses de outubro e novembro de 2009.
PREMIOS
1995. Primeiro Premio no II Concurso de Pintura do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
1997. Accésit no IV Concurso de Pintura do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
1998. Terceiro Premio no Concurso de Fotografía convocado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo.
1999. Accésit no VII Concurso de Fotografía do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
2000. Primer Premio no V Concurso de Pintura do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
2003. Primer Premio no XI Concurso de Fotografía do Día do Médico, Colexio de Médicos, Lugo.
2005. Cuarto Premio no Concurso de Fotografía convocado por Previsión Sanitaria Nacional.