Saco Atanes, Patricia
General

Patricia Saco naceu en Ourense o 31 de maio de 1981. Dende nena amosa un grande interese e experimenta con todo tipo de disciplinas creativas, especialmente a pintura e o deseño gráfico, pasando pola fotografía, o teatro e a música. Comeza a súa formación artística no Obradoiro de Artes Plásticas do Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela, labor que continúa participando en diversos obradoiros colectivos e co propio autoaprendizaxe e experimentación continuos. Estuda Deseño Gráfico e Multimedia en A Coruña durante 3 anos e comeza a súa traxectoria profesional que desenvolve en diferentes empresas en Madrid, Barcelona e León. Actualmente dirixe o seu propio estudio de deseño e páxinas web en O Milladoiro (Ames).
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2009: Dolce Vita, A Coruña
2008: "Dualidad". Manuel Márquez Galería de Arte, Ourense.
2007: Exposición dentro do Congreso IRO 2007 (Ibera Renkontigxo). Albergue Xuvenil "San Fermín", Madrid.
2006: Sala de exposicións de La Moncloa de San Lázaro, Cacabelos, El Bierzo.
2006: Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2010: Exposición BATIK . Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames.
2007: “Between the sky and the Ground” de participación internacional. Organizado por Camaver Kunsthaus. Castelo Conti di Monica, Alcamo, Sicilia, Italia.
2007: Exposición COELVM de participación internacional. Organizado por Camaver Kunsthaus dentro do seu programa "Ancient Palaces". Palacio Cesi, Acquasparta, Umbria, Italia.
2005: "Saborearte" de pintura e gastronomía . Área Temática Médulas, Ponferrada, El Bierzo.
PREMIOS: Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Galicia: 1º premio, categoría pintura. 2º premio, categoría pintura. Accésit, categoría pintura. 2º premio, categoría ilustración.
MENCIÓNS
Publicación no libro “100 Mulleres Artistas Galegas” (2010)
Publicación na revista “Búsola: novos artistas, novas creacións” (2006)
Diversos premios no Certame Xuvenil de Artes Plásticas de Galicia (1997)
CONTACTO
e-mail: utopia@patriciasaco.com
web: www.patriciasaco.com