Lourdes naceu o 11 de febreiro de 1969 en Durango (Vizcaya).
FORMACIÓN
Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco, 1992. “II Minicurso de activación da creatividade” da Universidade de Santiago 1998....
Nietto, Manuel
General
Manuel Nieto García naceu en 1957 en Santiago de Compostela (A Coruña).
FORMACIÓN:
Dende temprana idade sinte inclinación polo mundo da arte en xeral e a pintura en particular. Os seus inicios neste campo remóntanse ós seus tempos de estudante, como alumno do pintor Antonio Moragón.
A medida que o sentimento artístico vai facendo mella nel, empeza a relacionarse con outros artistas e a visitar os seus estudios, na súa búsqueda de completar os seus coñecementos e de practicar e experimentar con diversas técnicas, primeiro en Santiago e posteriormente en Barcelona e Lleida. Nesta última cidade traballa óleos e acrílicos, e co obxecto de aumentar a súa formación asiste tamén a cursos de perfeccionamento e escultura no Círculo de Belas Artes de dita cidade.
ACTIVIDADES PROFESIONAIS ARTÍSTICAS:
A pesares de que a súa vida laboral ‐moi ó seu pesar‐ non está relacionada co mundo artístico, en ningún momento deixa de lado a súa paixón pola pintura. A pintura convirtese no seu bálsamo en momentos difíciles e ademáis axúdalle a dar saída a súa mentalidade creativa. Os seus cadros desta primeira época mostran trazados con liñas rectas e formas angulosas, estando sempre moi presente a cor -característico da súa pintura‐ principalmente a gama dos fríos e os pasteis.
Ademáis de á pintura, tamén adica tempo a outras actividades relacionadas coa arte, como a realización de diversos deseños para carteis, anuncios e logotipos para empresas e entidades varias en Cataluña e Galicia. Asimesmo tamén realiza ilustracións en revistas do ámbito local de Santiago de Compostela.
En 1998 ve realizado o seu soño de expoñer a súa obra de xeito individual, sendo a exposición na desaparecida Galería Lorenzo de Área Central. A partires desta data, empeza a implicarse moito máis no mundo da arte e únese a diversas asociacións para poder saber que se coce no mesmo. Na actualidade a súa pintura evolucionou hacia formas e liñas máis suaves, sen abandonar a súa particular pincelada expresiva, e cores máis vivos e intensos, provocando fortes reaccións de turbación e emoción con cada novo cadro.
OUTRAS ACTIVIDADES ARTÍSTICAS:
No seu interés por dinamizar e impulsar o mundo da arte dentro do panorama artístico galego, ingresa na Asociación Galega de Artistas Visuais (A.G.A.E.V.) ‐entidade integrada na Unión de Asociacións do Estado Español e na Unión de Asociacións da Comunidade Europea (EVAN)‐ e na Asociación Galega de Arte e Cultura (A.G.A.E.C.). Ademáis é membro fundador da Asociación da Amizade e das Artes Galicia‐Portugal (AAAGP).
Tamén se implica na Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, tratando de organizar na mesma diversas actividades artísticas como Director de Arte. O resultado foron diversas exposicións de pintura, escultura, gravados e fotografía nas cales participou de xeito explícito na súa xestión e coordenación para poder contar cos mellores pintores do actual panorama pictórico a nivel galego, como Antón Goyanes, Manuel Quintana Martelo...
En 2004, funda, xunto co tamén pintor Manuel Quintana Martelo, a editorial ANOTARTE, recollendo o testigo do proxecto Noticias de Arte, nacido en 1974 en Nova York e coa subcabeceira ART NOTES. A revista ART NOTES ofrece información e reflexión sobre a actualidade expositiva nacional e internacional: exposicións, proxectos, seminarios, certames e todo tipo de eventos de interese para o desenvolvemento da creación visual contemporánea.
Realiza deseños para carteis en Cataluña. Posteriormente, continúa estes traballos en Galicia. O resultado desta actividade foi saír elixido para deseñar a portada da revista da confederación de empresarios de Galicia co gallo da celebración dos seus quince anos de vida da organización. Asimesmo, encargóuselle algún outro traballo, como algúns deseños para anuncios de diversas entidades e empresas en carteis promocionais, tamén imaxes variadas para ilustrar algúns artigos para revistas locais, así como a creación de logotipos de varias empresas, carteis ou anuncios de varias delas. Todo sen deixar de pintar, actividade que sempre supuxo unha constante dende os 16 anos. Sempre estivo relacionado co mundo da arte galega, como o amosa a súa adicación (ata 2004) como tesoreiro na Asociación Galega de Artistas Visuais, integrada na Unión de Asociacións do Estado Español e en EVAN (Unión de Asociacións da Comunidade Europea).
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
2013. As cores do Mar Escuela de Finanzas de Coruña
As cores do Mar Centro Cultural Arteixo, Coruña.
2012. Hacia dentro, Galería Espacio Coruña. Coruña.
No Mar Centro Social Fundación Novacaixagalicia Vigo.
2011. Entre Marinas, Galería el Estanco, Santiago de Compostela.
Una mirada Atlántica Asociacion AAET, Santiago de Compostela.
Una mirada Atlantica, galería Arte e Imagen, A Coruña
2010. Cadencias. Galería O+O. Valencia.
2009. Spett. Galleria d’arte moderna Alba. Ferrara (Italia).
2008. Casino Hotel Atlántico A Coruña.
2005. Sahora, Muros, A Coruña.
1998. Exposicións individuas varias en Salas alternativas e pubs en Galicia.
1998. Exposición en Galería Lorenzo, Santiago de Compostela.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
2013: ART EN CAPITAL Grand Palais, Paris. Dessin & peinture à L’eau.
CT ART GALLERY Reus, Tarragona.
40 Salon Interntional du Val D’Or, Meillant, Francia.
Nauta SanXenxo, SanXenxo, Pontevedra.
Eka & Moor Art Gallery, Madrid.
Galeria El Taller, Santiago de Compostela.
Feira de Arte Fiarte Granada, España.
Mostra internacional de Arte de Gijon, Art Nou, galería Aristas Gijon, España.
Espazo Tambre. AAET Santiago de Compostela.
Matinando con AGAEC Biblioteca Lugo.
Casa Ferreirós San Salvador de Poio (Pontevedra).
Hormas, Andante, Centro Cultural Marcos Valcarcel, Orense.
2012. Colectiva de Nadal en Art Cuestion, Pereiro de Aguiar, Ourense.
Art Capital, Société des Artistes Indépendants, Grand Palais, Paris, Francia
Matinando Brion, Coruña.
Sala Malvasìa, en Pedro Muñoz, Ciudad Real, España.
Museo de Lamego, Vale da Cambra, Portugal.
AAET Santiago de Compostel, Chuca, Morillo e Nietto.
Galleria Spazio Museale Sabrina Falzone, Milan, Italia.
Homenaxe a Galicia, Parador Cambados, Pontevedra.
El sueño de Simón Bolivar, Facultad Geografía/Historia Universidad Complutense Madrid.
Andante, Sala exposicións Ateneo Cultural el Albeitar. León.
Casa das Artes de Vigo, colectiva AVEMPO. Vigo.
BCM ART GALLERY, grup Art Nou, Barcelona.
Casino da Coruña, Agaec, Coruña.
AGAEC, Confederación Empresarios Pontevedra, Vigo.
Andante, sala Lledó. Coruña.
Mestizarte Centro cultural Fernando de Casas Novoa, con AGAEC, Sigüeiro, Oroso, Coruña.
2011.Casino Pontevedra, Federación Autónomos Galicia.
Colectiva Misturas, sala AAET, Santiago de Compostela.
Asociación galega de arte e cultura, na Fundación Pazo de Mos, Pontevedra.
Salón internacional de arte do Alto Alentejo Galeria Vieira Portuense, Porto (Portugal).
Interestellae, Centro de Turismo da Cámara Municipal de Portel, Alentejo (Portugal).
O lobo Iberico, Centro de Interpretaçao Turística de Pedrogao Grande (Portugal).
A Música na arte, Galería Portas Ártabras, A Coruña.
Confederacion de Empresarios de Pontevedra, Vigo.
Lisboa exposición da Arte, República e Liberdade, 100 anos, Museo da República
Salão da Primavera, Fevereiro, na Galería Vieira Portuense. Porto (Portugal).
2010. Centro Empresarial do Tambre AAET, Santiago de Compostela.
Araguaney sala exposicións novembro. Santiago de Compostela.
Centro Cultural de Serra de Outes, A Coruña, AGAEC.
Trala cultura da Emigración AGAEC Lisboa (Portugal).
Centro cultural Ribeira (A Coruña).
Paraxes e paisaxes AGAEC Pobra do Caramiñal.
Exposición O Lobo. Sala de exposiciòns edificio multiusos Melide. A Coruña AAAGP ‐ Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa, ADEGA – Asociación Defensa Ecoloxica de Galiza, ERVA.
Estudo e Defensa da Natureza, CONCELLO DE MELIDE. Colaboración: Asociación Outeiro do Carballiño, Sociedade Galega de Historia Natural.
Auditorio de Galicia, Homenaxe Asorey do DADO DADA, Santiago de Compostela.
Sur les traces culturelles de L’émigration. Le cercle Culturel Galicien. Paris (Francia).
Itinerestellae. Centro Galego de Lisboa (Portugal).
Cámara municipal de Gois. Casa do Artista. Gois (Portugal)
Cámara municipal Miranda do Corvo. Centro Cultura. Miranda do Corvo (Portugal).
Oliveira de Azemeis (Portugal).
Amálgamas. Itinerante en Porto (Portugal)
O Lobo, una carreira pola superviciencia. Itinerante Galicia.
2009. Tralas pegadas culturais da emigración. Itinerante en Valencia e Valladolid.
Radiografía do medo. Mail art. Biblioteca Facultade Ciencias da Educación. A Coruña.
Expresións. Itinerante Santiago de Compostela e Sigüeiro
Terras Celtas. I Encontro Galaico Irlandés. Itinerante en Noia e Bertamiráns. A Coruña.
Dende Galizza. Itinerante Figueira da foz e Cantanhede (Portugal).
Exposición A.C. Alexandre Bóveda. Día internacional do medio ambiente. A Coruña.
Creer/crear. A arte e a relixión a través dos séculos. Igresa da Barciela. Santiago de Compostela.
Certame da poesía do condado. Salvaterra do Miño. A Coruña.
I Mostra iconográfica A Troita. Sala Pedro Miras da AAAGP. Sigüeiro‐Oroso. A Coruña.
I Bienal Internacional pequeno formato A4. Itinerante en Sigüeiro e Figueira da Foz (Portugal).
Reencontros. Sala de exposición da Asociación Cultural O Galo. Santiago de Compostela.
O Lobo, unha carreira pola superviciencia. Itinerante Galicia
Falem ou Calem. Bodegas Calem. Porto (Portugal).
Ateneo de Ferrol. Ferrol
Fervenzas. Casa de Galicia. Madrid.
2008. Sinestesia. Lar Galego. Sevilla.
Centro Empresarial de el Tambre. Santiago de Compostela.
Centro Cultural Pobra do Caramiñal. A Coruña.
Oroso Arte. Centro Cultural Concello de Oroso. Sigüeiro. A Coruña.
Gois Arte Portugal. Gois (Portugal)
Galería Itxaso. Zaragoza.
O Alén. Centro Comarcal de Ordes. Ordes. A Coruña.
Art Natura. Itinerante en varias cidades galegas.
Arte Transfronteirizo. Sala de exposicións Alliance Française. Vigo.
2007. The art and dancing under the moonlight. Santiago de Compostela.
Recantos. Galería Guimart. A Estrada. Pontevedra
Galería Sargadelos. A Estrada. Pontevedra.
Gran Hotel Santiago de Compostela.
Intramuros. Convento do Carme. Padrón. A Coruña.
Art Natura. Itinerante en varias cidades galegas.
Adega. Itinerante en varias cidades galegas.
2006. Centro Empresarial do Tambre.
Pazo de A Peregrina. Ames.
Adega. Itinerante en varias cidades galegas
Centro Cultural Serra de Outes. A Coruña.
Unicef. Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia. Santiago de Compostela.
Santo Estebo de Rivas de Sil. Ourense.
2005. Lembrando a Dalí. Fundación Araguaney. Santiago de Compostela
Dende Compostela. Casa de Galicia. Lisboa (Portugal)
2004. XXV Aniversario Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre. Santiago de Compostela.
2003. Botella ao Mar. Itinerante Galicia.
1978/79. Círculo de Bellas Artes. Lleida.
Diversas exposicións en pubs de Barcelona e Lleida.
PARTICIPACIÓNS EN FEIRAS:
‐ Feira de Arte de Vigo.
‐ Artenim. Feira de Arte en Nimes (Francia).
‐ FAIM. Feira de Arte Independiente de Madrid.
‐ Marbart. Feira de Arte de Marbella
‐ Holland Art Fair. La Haya (Holanda).
‐ ART EN CAPITAL Paris (Francia).
OBRA EN:
Entidades rexionais como a Confederación de Empresarios de Galicia, en Santiago de Compostela e a Sociedade de Afianzamento de Galicia, en A Coruña.