Pasar al contenido principal

Castro, Mª Victoria

General

Categorías: 
Pintura

Mª Victoria Castro Ocampo, naceu en 1955 en Narón (A Coruña).

CURRÍCULUM
Médico en exercicio e entusiasta da arte clásica, dende curta idade ten unha grande afición pola arte en calquera das súas variedades, facendo incursións na escultura, pintura, cerámica, esmalte etc…

Participou e foi premiada polas súas participacións en concursos universitarios de pintura rápida, con técnicas múltiples. Colaborou con asociacións humanitarias, sociais, sen ánimo de lucro, coa confección de carteis publicitarios para acontecementos diversos.

É sen dúbida na pintura e sobre todo ó óleo onde máis perfeccion, desenvolvendo o "oficio de pintor" de xeito autodidacta, tratando de aprender de xeito continuado a base do análise de pintores clásicos e contemporáneos e de consellos e críticas de pintores de grande renome.

Nunca sentiu a necesidade de expone-la súa obra individualmente, ata que en setembro do 2001, realiza unha exposición no Auditorio de Lalín (Pontevedra), sendo apoyada por artistas da talla de Severino Carbajo e Pilar Ortega (pintores figurativos e restauradores do patrimonio eclesiástico de Castela León) ós que considera os seus padriños e mestres.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2001. "Lembranzas". Auditorio de Lalín (Pontevedra)
2005. "Escenas". Círculo Mercantil de Ferrol.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2006. Galería Crisolart. Barcelona.
2006. "Art Nocturne Knocke" en Bélxica. Aporta 10 obras, coa Galería de arte Pablo Ruiz de Málaga.

CATÁLOGOS
"Guía cultural 2002" de Artistas Galegos, editada pola Xunta de Galicia.
"Guía cultural 2004” de Artistas Galegos, editada pola Xunta de Galicia.
"Artistas para el museo del mañana" editada por Ediciones Ecuador.

Críticas

Crítica

A necesidade de expresión plástica reflexase na súa obra pola variedade de motivos, na necesidade de plasma-lo que observa, cunha temática viva e elocuente prestando moita importancia á figura humana dinámica no seu hábitat natural e escenas costumistas. O gusto na composición e na...

Galerías

Galería
  • Pintura