Pasar al contenido principal

Montesinos, Román

General

Categorías: 
Fotografía

 
Román Montesinos naceu en A Coruña en 1952.
 
Xeólogo (paleontólogo), doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo, Catedrático E.U. da Universidade da Coruña da Área de Paleontoloxía e actualmente docente nesa institución.
 
Desde finais dos anos sesenta é aficionado á fotografía. Participou nos seus primeiros eventos fotográficos a mediados dos anos setenta en Oviedo en exposicións colectivas organizadas por distintas entidades. Naquela época obtivo un primeiro accésit nun concurso organizado polo Colexio Nacional de Xeólogos conxuntamente coa 'Caja de Ahorros de Asturias'.
http://www.rescognita.com/WP/exposiciones/
“Vincularon a miña obra fotográfica coa fotografía metafórica: metáforas visuais - “poesía visual”, ainda que o uso deste último concepto atópoo bastante inexacto e ambiguo. Semánticamente 'poesía visual' é un concepto o suficientemente amplo como para que unha paisaxe pode ser poética sendo visual ó mesmo tempo. As metáforas créanse e/ou se inducen e, por elo, considero máis acertado o uso deste outro concepto. Na liña da “poesía visual” é inevitable que algunhas persoas compararan a miña obra coa do xenial Chema Madoz, o que é de agradecer, pero ambos temos camiños moi diferentes polo que os nosos traballos non son en absoluto equiparables.
Nas miñas fotografías intento evocar distintos tipos de sentimentos conxugando o material (obxectos diversos e/ou personas) co anímico e poden conter varios planos inmersos. Na miña obra predominan os dobles ou triples sentidos e, con moita frecuencia, un humor subxacente. A xornalista Marta García Márquez de 'El Ideal Gallego' definiu a miña obra como 'greguerías visuais' ou a crítico de arte Juana Prieto Luna de 'La Voz de Galicia' (Ferrol) fala de “fotografías fermosas técnicamente impecables son aquelas coas que Román Montesinos embelesa a nosa mirada para despois deixala atrapada co seu intelixente manexo da ironía, co seu sentido do humor, coa súa avenencia ó conxugar elementos en aparente discordia, coa súa sensata insensatez”. Noutra liña, na rede e sobre unha das miñas exposicións, o blog dedicado á fotografía 'Fotografíad' fixo o seguinte comentario: 'Pensamientos' é unha das exposicións máis importantes no que toca á arte fotográfica de vangarda, toda vez que se poden atopar nela moi bos exemplos do que se deu en chamar 'poesía fotográfica' ”.
Non só fotografía obxectos senon tamén persoas. Estes retratos poden levar ou non carga metafórica maior ou menor. Fotografou en estudo a personaxes coruñeses como o antigo alcalde e magistrado D. Manuel Liaño Flores, xornalistas e directores de xornais, personaxes da vida social... Tamén a outros fora do ámbito coruñés como Carlos Valcárcel prestixioso fotógrafo de Lugo, o mago Suso Carreira, o pintor Benjamín Santín, a pintora Noa Persán... 
 
PRENSA
Ó longo dos últimos anos, diferentes medios fixéronse eco da súa actividade fotográfica: entrevistas, artigos e críticas de arte forman o conxunto que se pode visualizar no vínculo: http://www.rescognita.com/WP/prensa/
 
EXPOSICIÓNS
Autor de máis de trinta exposicións individuais (32 no momento actual): en A Coruña (dúas veces na Asociación Alexandre Bóveda, librería Arenas e dúas veces na Facultade de CC da Educación da Universidade da Coruña), Centro comercial Dolce Vita, Centro comercial “The Style Outlets”, Hotel Eurostars Cidade da Coruña, Tres Tristes Tigres. Concello de Culleredo, Universidade de Oviedo: Museo de Xeoloxía, Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), tres veces en Do Forno en Lugo, tres veces na Universidade de León (a primeira intercentros de tres meses de duración e exposta en El Albéitar, a segunda, no Colexio Universitario de Ponferrada) e a terceira en El Albéitar, Casa Charry do Concello de Oleiros, Casas da Cultura de Sada (A Coruña) e de Lugo, Ateneo Ferrolán en 2013 e, colectivamente, en Madrid, Arteixo e Culleredo (A Coruña).
A súa obra foi difundida en medios de prensa nacionais e estranxeiros (Boston, USA) e, virtualmente, na agrupación fotográfica F11 de Alemaña con dúas exposicións monográficas en decembro de 2008 e xaneiro de 2011. Unha das súas obras figura en exposición permanente no Museo do Humor de Fene (Ferrol) na súa espectacular "sala negra".
En outono de 2012 e 2013 participou na "XXX e XXXI edicións do Outono Fotográfico” (Outono Fotográfico) con sendas exposicións na Casa da Cultura de Barbadás (Ourense). O Outono Fotográfico é o evento fotográfico máis importante de Galicia e uns dos principais de España.
Coincidindo co Outono Fotográfico inaugurou en 2012 unha nova coleción de fotos na librería Arenas da Coruña na súa sala "Miguel de Cervantes". Tamén, cerrando o ano, espuxo no Mesón do Forno (Lugo), o centro de tertulia cultural máis importante desa cidade. Participou no proxecto “Andante” de Ramón Álvarez que cristalizou en exposicións colectivas no MACUF da Coruña, Lledó Iluminación A Coruña), El Albéitar de León, Campus de Ponferrada da ULE e Centro de exposicións.
Durante 2014 ten realizadas neste intre dúas exposicións: Biblioteca Miguel de Cervantes en Burgos e na Capela de San Roque de Sada (A Coruña). En xulio participará nunha nova exposición no Museo do Humor de Fene (Ferrol. A Coruña) único do seu xénero en Europa e fundado polo xenial Xaquín Marín. En setembro terá unha importante exposición en Madrid na sala de exposicións da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid.

Críticas

La realidad vista a través de un ojo mágico

Autor de la crítica: 
Maruja Campoviejo, La Voz de A Coruña.

Montesinos hace metáfora una bota del portero Iker Casillas

 

Autor de la crítica: 
Redacción A Coruña, www.elidealgallego.com

El artista Román Montesinos saca del horno una nueva bandeja de metáforas visuales

Dicen que sus metáforas visuales se alían cada vez menos con el humor y la ironía. Pero el profesor de Universidad no clasifica sus ideas. Nunca lo hizo. Su trabajo se limita a vomitarlas sobre un escenario neutro. Sin dejar paso a la duda, sus imágenes no titubean y las ideas salen a desfilar solas sobre el formato papel. A través de objetos que no pensaron nunca en una segunda vida y de personas, que cada vez se asoman más al objetivo del autor.

Autor de la crítica: 
REPORTAJE M.G.M., www.elidealgallego.com

Galerías

Fotografía
  • Fotografía