Pasar al contenido principal

Masito

General

Categorías: 
Pintura

Masito E. Beiró naceu en Padrón no ano 1955, fillo do pintor Beiró-Buxán.

CURRÍCULUM
No ano 1963 acada o primeiro premio de pintura infantil organizado polo xornal La Voz de Galicia e participa nunha colectiva de xoves valores na Coruña no prestixioso local A Terraza. Becario da Escola de Artes “Mestre Mateo” de Santiago e diplomado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago. Xornalista da Axencia EFE e Xefe de Prensa do Concello de Padrón.

Anteriormente fora corresponsal do xornal El Correo Gallego dende 1986 ata 1990. Foi director fundador da revista Petroglifo da Asociación Galega de Artes Gráficas, e leva dende hai 14 anos dous programas de radio para a emigración en Catalunya.

Na actualidade compaxina o seu traballo no concello ca pintura, onde neste ano tivo seleccionada a súa obra da Bienal Convento do Carme de Padrón, e o Bello Piñeiro de Ferrol. Participou en exposicións en Rianxo, Pontevedra, Santiago, Arte Mostra Santiaguiño, O Caurel e Forcarei.

Tamén pertence ás Fundacións Rosalía de Castro, Membro da Asociación de pintores da rexión A Vendée (Francia), da Fundación Ruta Marítima de Arousa e Ulla, escríbano maior da Orde do Pemento de Herbón, secretario do xurado dos premios de narrativa Camilo José Cela e de Teatro Maruxa Villanueva.

Cartelista e deseñador, autor de ilustracións de libros como: “Pseudopoesía da Costa da Morte” de Arturo Romaní (1978); “Paixón e vida dun poeta” e “Almenar Poético” os dous de Maximino Castiñeiras (1981 e 1983); “Balada do vento na ría” de Xesús Santos (1984); “Poetas premiados no Concurso Rosalía” de Cornellá, Barcelona (1992) ata o derradeiro “Diáspora.com” (2003) de J. Lobato, profesor da Universidade de Santiago.

Autor de numerosos carteis de festas, como os da Pascua de Padrón, A Anguía de Valga (onde acadou tres anos o primeiro premio), Corrubedo, Congreso do Deportivo da Coruña (1999), Irmanamento Noirmountier (1993), etc…

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1979. Exposición no Casino de Toledo (cando facía milicias universitarias).
1986. Santiago
1990. Barcelona
1991. Noirmountier
1993. Cornellá.
1993. París
1994. Mollet del Vallés
1998. Buenos Aires
2001. Noirmountier
2001. Forcarei
2002. Padrón (Primeira exposición en Galicia adicada ó mundo do xadrez, e segunda no mundo).

Críticas

Crítica

Veo en Masito, un excelente dibujante, de trazo seguro y suelto. Proporcionando en la forma y con muy importante juego de perspectivas.

Gonzalo Carrillo de Albornoz, avogado e crítico de arte. (La Rioja, 1988)

Velaquí a presencia do home e máis da arte: este Masito Beiró que, como ben...

Galerías

Galería
  • Pintura