FORMACIÓN
1989. Diplomada en profesorado de Educación Xeral Básica.
1998. Centro Dramático Galego, Francisco Nieva. “Escenografía”.
Taller do Centro Galego de Arte Contemporánea, Tom Carr, “La idea y su representación”.
EXPOSICIÓNS...
Caride, Gonzalo
General

Gonzalo Rodríguez Caride naceu no Vilar en Lavadores, Vigo.
CURRÍCULUM Artesán dunha nova xeira de constructores de instrumentos musicais galegos. Ós 14 anos comeza a toca-la Gaita de man do mestre Enrique Otero. Posteriormente será o fundador e partícipe de diversos proxectos e agrupacións musicais. É de sinalar a escola de gaitas Amieiros e Lagares e posterior grupo de gaiteiros do mesmo nome. Seguirán o grupo tradicional Paseniño e os grupos folk Colectivo Paseniño e Seitura. Da relación e a colaboración con distintos persoeiros e músicos, mentar dun xeito especial a mantida con D. Ricardo Portela, un dos mellores e máis emblemáticos gaiteiros galegos. Gonzalo Caride amósase como un gaiteiro de estilo e personalidade propias, de toque enxebre, destro i elegante, bo coñecedor do instrumento. Dedicaráse máis tarde ó ensino e divulgación da gaita e a música tradicional galega nas distintas asociacións da súa bisbarra. No Obradoiro Escola de Gaitas, Pitos, Zanfonas e Requintas da U.P. de Vigo, cursará estudios para a aprendizaxe da construcción de instrumentos musicais populares galegos entre os anos 83 e 86, baixo a dirección do sonado e prestixioso mestre artesán Antón Corral. Máis recentemente consolida a súa formación musical con estudios de solfexo e violín no conservatorio privado Amadeus de Vigo e continúa asimesmo a súa actividade como gaiteiro no grupo tradicional Bailía do Vilar. Xa con obradoiro de seu, ven construíndo gaitas e frautas de xeito artesanal e profesional. Os instrumentos musicais de Gonzalo Caride caracterízanse polo amor ó detalle e emprego de materiais e madeiras nobres, obtendo así excelentes acabados. Na actualidade dirixe a Escola de Gaitas do Vilar en Lavadores. É membro do grupo folk Contradança, de música galaico portuguesa de Vigo, e do grupo de contacontos, música e teatro de sombras Touporroutou de Vigo.