Pasar al contenido principal

Caamaño, Miguel

General

Categorías: 
Esmalte

Miguel Caamaño naceu en Lugo en 1971.

CURRÍCULUM
Artista de formación fundamentalmente autodidacta, comezou ós 17 anos como aprendiz, rematando por crear o seu propio taller, dando forma a innumerables pezas de xoiería, únicas e totalmente feitas a man, tanto en ouro como en prata, sumando a elo nestes últimos anos o esmalte artístico que o leva a expoñer en diferentes puntos e lugares de todo o mundo, destacando especialmente por ter sido seleccionado como único representante de España no prestixioso Salón Internacional do Centro Cultural Jacques Prévert en Aixe-Sur-Vienne (Francia 2004).
Puidéronse ver as súas creacións en varias revistas internacionais de arte e esmalte, como as prestixiosas revistas “Arte y Joya” (nº 157, Barcelona 2004), L’Esmalt (nº 74, Barcelona 2007), Revistart (nº 117, Barcelona 2007), Diccionario Internacional de Arte y Literatura (Córdoba 2007), GAL-ART.com (18 de xuño de 2007), “enamel” British Society of enamellers. Glass on Metal Artists (Outono 2007, Vol.5, nº3, Pág.9).
Colaborou co Museo Provincial de Lugo en varias ocasións. Nunha delas realizou a petición do mesmo unha peza de prata e esmalte para un mini congreso infantil celebrado co gallo do V Aniversario da Declaración da Muralla Romana de Lugo como Patrimonio da Humanidade (Novembro 2005).
Elaboración dunha serie de pezas “Tessera Hospitalis” en prata de lei, reproduccións da orixinalmente realizada no ano 28 d.C. por orde do Imperio Romano como documento xurídico constitutivo dun forzoso tratado de amizade imposto a dous pobos indíxenas, mostra da romanización da Península. Estas pezas foron realizadas para o IX Coloquio Galego de Museos: “Museos, Espacio y Discurso” celebrado en Lugo do 26 ó 28 de outubro de 2006.
En 2008 foi galardonado pola súa peza "La vida y la muerte" co premio Encouragement, en Tokio (Xapón).
Actualmente traballa o esmalte artístico sobre metal, combinándoo con prata e abarcando as diferentes técnicas existentes, dando lugar a unha grande variedade de obras que foron seleccionadas para participar en distintas exposicionós internacionais, recibindo unha boa aceptación: os seus esmaltes lócenos, entre outras, varias intérpretes da canción moi coñecidas.
En 2007 foi galardonado en Salou co prestixioso Premio “Trofeo C.I.D.A.E.”, convertíndose así no primeiro artista que consigue un premio de esmalte para a cidade de Lugo.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2003. Sala de Exposicións da Xunta de Galicia. Lugo.
2004. 8ª Mostra de Arte San Froilán na Praza da Soidade en Lugo.
2004-2005. Sala Esmelgar. ArteComunicación en Lugo.
2005. Galería Foc Gallery en Barcelona.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2003. Sala Almirante do Hotel Méndez Núñez. Lugo.
2004. Salón Internacional do Centro Cultural Jacques Prévert en Aixe-Sur-Vienne na rexión de Limousín (Francia).
2004. Sala de Exposicións da Xunta de Galicia en Lugo.
2005. Museum Annex Ginza. En Tokio (Xapón).
2005. Galería: Meno Nisa en Vilnius (Lituania).
2005. Sala Almirante do Hotel Méndez Núñez. Lugo.
2006. Casa del Esmalte de Morez. Morez - Cedex (Francia).
2006. “Museo Real de Ueno”. Dirixido polo Principe Hitachinomiya. Tokio (Xapón).
2006. Galeria de arte Chardin. Tbilisi (Georgia).
2006. Sala Almirante. Hotel Méndez Núñez. Lugo.
2007. Torre Vella sede do Museo de Esmalte Contemporáneo. Salou (España).
2008. “Museo Real de Ueno”. En Tokyo (Japón). ”Premio Encouragement”.

CONTACTO:
Teléfono: 982218935
Móvil: 629754233
e-mail: miguelcaamano@gmail.com

Críticas

Crítica

Según el diccionario, la definición de artesano es: "persona que se dedica a un oficio manual", esas palabras que en cierto aspecto son frías no reflejan a Miguel...
Con su toque de ternura, su bien llevada timidez y su tesón es capaz de dominar el fuego, el tiempo y por que no la belleza en...

Galerías

Galería
  • Esmalte