Miguel Castellanos Sotos naceu o 24 de Febreiro de 1961, en Las Pedroñeras (Cuenca).
Estuda EXB ata quinto curso no seu pobo natal.
6º, 7º e 8º de EXB no Centro de Orientación de Universidades Laborais. Cheste (Valencia).
1º, 2º e 3º BUP e COU na...
Fontenla, José Luis
General

José Luis Fontenla Rodrígues naceu o 9 de febreiro de 1944 en Pontevedra.
CURRICULUM
É presidente da Comisión Galega do Acordo Ortográfico, presidente das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal, delegado da Sociedade da Lingua Portuguesa, colaborador e investigador do CELB (Centro de Estudios Luso-Brasileiros) da Universidade de San Petersburgo e presidente do Consello Internacional de Lusofonía. É director das revistas de Lusofonía: "Nós", "Cadernos do Povo", "Temas do ensino de lingüística, sociolingüística e literatura", socio da "Associaçao Galega de Escritores", do Círculo Cultural Miguel Torga, da Associaçao de Divulgaçao da obra de Teixeira de Pascoaes "Marânus". Foi cofundador da Associaçao Cultural SOL XXI, membro de TERMIP (Terminoloxía Portuguesa) da Universidade Nova de Lisboa, socio da Associaçao Cultural do Alto Minho,etc...
OBRAS REALIZADAS
Entre as súas obras podemos destacar: Sememas (Antoloxía poética co seudónimo de J. Padrão, 1990), Tempo Terra khronos kai kairos (Antoloxía poética de J. Padrão, 1992), Poemas de París e outros poemas (como José Luís Fontenla, 1985), A Mátria da Palavra (Antología de Poetas galego-lusófonos) 1992, Ítaca e outras peças de teatro (como J. Padrão, 1989), A ansiedade da influência-um poeta apresenta-se en Antología de Poesía Lusófona (como J. Padrão, 1994), Poemas lusófonos / Carpe litteraturam (1997) e Poemas para Cynara (2000). Ten máis de cen Cadernos Pickwick de Poesía e pintura (autoretratos, deseños, fotografía estática, etc...) na Fundaçao Calouste Gulbenkian de Paris e na Biblioteca Pública de Braga da Universidade do Minho, em edición non venal. A súa obra foi traducida ó hebreo, xaponés, ruso, romanés, inglés, etc...
OUTROS DATOS DE INTERESE
Deu conferencias en Galicia, Portugal, Brasil, os Países Baixos, Alemaña, Inglaterra, etc. Ten en Portugal a súa primeira residencia desde 1992 (en Viana do Castelo) e en Galicia a segunda (en Pontevedra).