José Fernando San Martín Viscasillas naceu en Ferrol (A Coruña)
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de La Laguna.
Cursos de Doctorado na Universidade de Vigo.
Dende 1989 é profesor de Debuxo Artístico, Pintura, Escultura, Deseño, Ilustración e Gráfica Publicitaria en...
Escudero, Francisco
General
José Francisco Escudero Carril naceu na Coruña en 1958.
Empezou a súa carreira profesional graduándose na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña en 1979 na especialidade de talla en madeira.
En 1980 toma contacto co material que caracteriza ós escultores galegos, o granito, aprendendo o oficio de canteiro no taller do mestre canteiro D. Manuel Ousinde.
En 1981-1982 traballa en Bergondo co escultor ferrolano Guillermo Feal, desta época é o cruceiro en honra a Rodríguez de La Fuente que está colocado en Canada.
Dende 1983 traballa no seu taller na praza de María Pita na Coruña, data na que fai en madeira o San Eloy, patrón dos xoieiros, que podemos ver en San Salvador de Bergondo.
Becado pola Xunta de Galicia en 1984, realiza estudios artísticos na Facultade de Belas Artes de Carrara (Italia), e coñece os segredos da elaboración do mármore no taller de Fulvio Nicoli, tamén en Carrara.
En 1987 instala o seu taller en Abegondo.
EXPOSICIÓNS
Fixo a súa primeira exposición na sala de Caixa Galicia na Coruña en 1986.
De tódalas que fixo en Galicia e España, destacan polo seu contido as seguintes: "¿Y tú que sientes?" con obra exclusivamente en escaiola, “Haz y envés” na que ó traverso de debuxos e esculturas amosaba as follas de árbores e prantas como fonte de vida para o ser humano. A máis recente “La Piel de la piedra” adicada ó estudio de fragmentos do corpo humano, “esculturas para ver coas mans, acariciándoas”.
Estas últimas representadas nesta exposición na que se une o proceso creativo entre o 2002 e o 2012.
OBRA PÚBLICA
Nos seus 30 anos como escultor profesional, realizou arredor de 50 obras públicas.
O monumento ó Xeral Porlier na Praza de España da Coruña, foi a súa primeira obra pública no ano 1986.
A partir desa data realiza obra pública na Coruña, como por exemplo o banco de Castelao na Praza do Humor (deseñada por Siro López) na Coruña, ou o monumento a Breogán na praza de San Cristóbal.
En Ourense está a homenaxe ó zanfonista cego, e xa en Portugal as esculturas que coronan o edificio Grandella en Lisboa.
En 2010 realiza tamén unha homenaxe ó falecido alcalde D. José Fernández Ramos, que podemos ver en A Senra, Bergondo.
Palabras coas que F. Escudero define o seu estilo personal:
“Na miña obra gústame combinar a natureza da materia prima co traballo artesanal de escultor, en xeral interesame tanto a finalidade como o proceso, e en cada escultura pretendo dicir de xeito sinxelo pero contundente o que me gusta da natureza que me rodea”.