Nogueira Rodríguez, José Luis
General
Naceu o 4 de setembro de 1925 en Santiago de Compostela (A Coruña).
CURRÍCULUM
En 1935 ingresou no Instituto de Ensinanza Media de A Coruña para cursar o Bacharelato. Estudiou Ciencias Químicas, sendo premio extraordinario da licenciatura en 1949. Ese mesmo ano, no mes de outubro, desempeña o cargo de profesor auxiliar da Cátedra de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, da que en anos sucesivos e ata 1955 desempeña o cargo de profesor adxunto da mencionada cátedra. Dende 1949 a 1955 comparte en sociedade un laboratorio de análisis mineral. En 1955 fixa a súa residencia en Vilagarcía de Arousa, facéndose cargo da dirección da empresa de xoiería "Industrias San José", que se adicaba á fabricación de medallería relixiosa. A partir dos anos 70 vanse incorporando líñas novas: regalo de empresa, artesanía galega, xoiería e pratería do mar, acuñacións de todo tipo, distintivos corporativos, esmaltes, etc... Actualmente fan máis de mil artígos diferentes e se moven máis de 5000 troqueles e matrices. En 1987 crea unha nova técnica de gravado inédita e sorprendente que el mismo bautiza como "Micrograbados sobre prancha de prata".
EXPERIENCIA PROFESIONAL
Realizou cerca dun cento de obras das que máis de corenta forman parte da serie "Camiño de Santiago", unha ducia pertence como as anteriores á súa colección privada e o resto está fora por encargos, obsequios ou intercambios con outros profesionais da pintura, o debuxo, etc... A súa obra presentouse nunha serie de exposicións, destacando: "Iberjoya", Madrid, (1991-1994); Salón de Arte de la Toja, O Grove-Pontevedra, (1987-1996); Salón de la Joyería Gallega, A Coruña (1989-2001). Subvencionado pola Xunta de Galicia, presenta a súa obra en Santiago, Vilagarcía e Burgos (ano 2000) e en Lugo, Pontevedra e León (ano 2001). No ano 2002 presentarase a colección en colaboración cos "Amigos del Camino Portugués" en cidades do país veciño, tales como Oporto, Ponte de Lima e Barcelos, ademáis de Tui ou Pontevedra, tendo intención de presentala en Madrid na "Casa de Galicia".
Entre os cargos que ocupou, podemos destacar: Concellal e alcalde de Vilagarcía de Arousa en distintas ocasións, vicepresidente e presidente da delegación local do Patronato "Rosalía de Castro", deputado provincial, conselleiro xeral da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, deputado-delegado da Presidencia da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Vicepresidente 1º da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, conselleiro secretario xeral do Goberno Galego presidido por José Quiroga, presidente do Comité Ejecutivo e coordinador das edicións de FEXDEGA, presidente da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa, membro do pleno da Cámara de Comercio, membro do Consello da Autoridade Portuaria, presidente da Plataforma Galega contra o Narcotráfico, etc... Está casado e é pai de dous fillos e unha filla. Ten catro netas e un neto.
TÉCNICA DE MICROGRABADOS SOBRE PLACA DE PRATA
En Micrograbados sobre prancha de prata, unha técnica que iniciou en 1985 e que investigou e desenvolveu como complemento a determinados traballos de pratería encargados á súa empresa familiar, Industrias San José de Vilagarcía de Arousa.
Pouco tempo transcorre para intuir e, finalmente, descobrir que, sobre unha prancha de prata, pode, con finos útiles de aceiro e gravando moi superficialmente, realizar un minucioso debuxo en branco e negro.
Esta colección "Los Caminos de Santiago" é o fruto de 15 anos de traballo, nos que consigue realizar unha técnica inédita e novedosa que pode abrir camiños de creación e que, no seu momento, cando sexa difundida, pode xerar obras de grande calidade.
Nos micrograbados, sempre se parte dunha fotografía, debuxos, plumilla e, incluso, acuarelas; en realidade, un trozo de monumento ou paisaxe sorprendido por unha cámara ou un artista e iluminado coa luz que exista no momento.