Crítica
A mesma sensibilidade creadora (de Victor Corral), aboia dos lenzos da súa filla Eva Corral, herdeira dun talento inusual, alzándose como exemplo de brillantez e da puxanza existente na pintura contemporánea do noso país.
Manuel Fraga Iribarne
En Eva Corral destaca o seu afouto uso da cor e a súa áxil pincelada, para afirmar unha vontade independente e altamente creativa, e participa tamén da profunda emotividade poética que satura a obra de seu pai.
Jesús Pérez Varela
A obra de Eva Corral fala da vida, da natureza, tamén de denuncia da inxustiza... e pinta flores ou rostros, soños ou abstraccións, lume ou rosas, primaveras e fervenzas de cores, sorrisos ou mariñas...
Xulio Xiz