Belén Martín Franco naceu en Lugo o 28 de nadal de 1970.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa, primeiro e en Filoloxía Hispánica, despois na Universidade de Santiago. Foi durante 5 cursos lectora de Lingua Galega na Universidade Rennes 2 -Haute Bretagne na...
Casanova, Ramón
General
Ramón Casanova Fernández naceu en 1974 Monforte de Lemos (Lugo).
CURRÍCULUM
1998. Licenciado en Belas Artes. Universidade de Barcelona. Especialidade de Escultura.
2002. Conseguiu o diploma de Estudos Avanzados ó cursar o doutoramento 'Art i Pensament'. U.B.
Reside en Barcelona, onde traballa desde o curso 2002-03 como profesor asociado na Facultade de Belas Artes Sant Jordi.
Actualmente traballa como fotógrafo no ámbito audiovisual e editorial.
OBRAS REALIZADAS
Realizou edicións limitadas dos libros de fotografía 'Aire', 'Mirar al Sol' e 'Volar al Sur' e publicou, xunto con M. Antònia Ferrer, 'Bacus, dels ritus i dels rostres', na editorial Arola.
OUTROS DATOS
A súa obra foi merecente de numerosos premios (Injuve, Jovenes Creadores, La Naturaleza Habitada...) e exposta en salas de toda España (Sala Amadis, Espai Volart, Palcio Montemuzo...). Investiga na súa tese doutoral sobre a luz como xeradora de forma, e desenvolve o seu traballo artístico usando a fotografía como medio de achegamento constante á luz.
Expón algúns dos seus traballos na web www.ramoncasanova.com












