EXPOSICIÓNS
1967. Exposición Colectiva. Museo Arqueolóxico, Ourense.
1980. Sala de Exposicións Deputación de Lugo.
1980. Delegación de Cultura de Pontevedra.
1981. Semana do Mar. Vigo.
1981. Sala do Concello de Vigo.
1982. Sala de Exposicións da Caixa de...
López Corcoba, Jorge
General
Jorge López Corcoba naceu en París o 17 de Xullo de 1973.
Artesano tallista en madeira.
A pesares de ter nacido en Francia, foi trasladado a Vigo a temprana idade, onde pasou a meirande parte da súa vida. Alí realizou os estudos primarios, bacharel e Ciencias Económicas na Facultade de Vigo. Posteriormente cursou un Master en Dirección e Administración de Empresas na Escola de Dirección e Administración de Empresas (EDAE-Madrid).
Con dezaséis anos iniciou a súa carreira profesional, que foi compatibilizando cos seus estudos oficiais e formación complementaria. Conta con máis de 12 anos de experiencia en diversos sectores productivos e chegou a desempeñar funcións directivas en empresas industriais (ferro forxado artístico e alimentación) e de servicios (internet).
No ano 2002 decide dar un xiro á súa carreira profesional e matriculase na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo para cursa-lo Ciclo Superior denominado “Artes Aplicadas á Madeira”. Neste tempo a formación céntrase en Talla de Madeira e Ebanistería Artística, profundizando tamén sobre materias como Policromía e Dourado da Madeira, Escultura, Debuxo Artístico e Técnico, Deseño Asistido por ordenador e Historia da Arte.
No ano 2004 crea un taller de artesanía na localidade de Caritel (Pontecaldelas), na provincia de Pontevedra.
Na súa actividade diaria englóbanse dous tipos de servicios: talla en madeira e restauración. Realiza ornamentación para mobles e decorativa, artesanía en madeira tallada, imaxes e obxectos relixiosos e populares. Por outra parte restaura todo tipo de obxectos de madeira, mobles relixiosos, etc...












