Vitor Mejuto naceu en Barcelona en 1969, e vive en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
FORMACIÓN
Cursou estudios durante tres anos na Facultade de Belas Artes de Salamanca. Vive e traballa en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)...
Duir
General
Mª. Teresa Cortada Civit, 'Duir', naceu en Barcelona o 23 de xuño de 1930.
FORMACIÓN
Estudios de Bacharel e Contabilidade Mercantil.
Estudios universitarios de Enxeñeiro textil, e Diplomatura de Debuxo e Óleo.
Cursos de esbozos de debuxo e pintura no Centro Massana.
CURRÍCULUM
Por motivos familiares desprázase a Pontevedra, onde polos anos 70 fixa a súa residencia. Retoma a pintura que por uns anos deixara aparcada.
Entra a formar parte do alumnado das clases de grabado e cerámica, que se impartían na Delegación de Cultura. Alí modela as súas propias creacións en barro e vidriado.
Terminados estes cursos empeza a tomar parte en exposicións colectivas, concursos e bienais, gañando algúns premios.
Logo comeza a súa aventura en solitario, compaxinando con colectivos por Portugal e Cataluña.
É membro da Asociación Artística Cultural de Pontevedra.
En 1997, despois de máis de catorce anos impartindo clases en distintos centros escolares, abre o 'Centro de Arte Ma-Te', exercendo como directora e profesora de debuxo e pintura.
En 1997 figura nas páxinas do libro 'Pintores de Galicia'.
Presidenta da Asociación Artística Cultural de Pontevedra por votación unánime en Asamblea Xeral, desde xuño de 2003 por cesar (por voluntad propia) Dña. Caridad Rubio.
EXPOSICIÓNS
Varias exposicións en Salas de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Tarragona, L'Espluga de Francolí, Conca de Barberá...
Sala Teucro de Pontevedra, exposición celebrando o 'Día da Muller'.
Exposición colectiva con artistas portugueses invitada pola Universidade laboral de Valença do Mihno conmemorando a súa inauguración.
Exposición colectiva da Asociación Artística Cultural de Pontevedra na Casa de Galicia en Barcelona.
Febreiro, 2003. Centro Comercial 'La Barca'
Maio, 2003. Museo Torres (Marín), facendo a doación dun cadro do Rei, para os fondos do Museo.
Xuño, 2003. Área Panorámica de Tui.
Xullo, 2003. Complexo Hosteleiro 'Braseirâo do Minho' (Portugal).
Outubro, 2003. Casino Mercantil de Pontevedra.
Decembro, 2003. Exposición colectiva do 'Día do Artista' Liceo Casino de Pontevedra.
Decembro, 2004. Exposición Colectiva na Zona Monumental de Pontevedra.
Marzo, 2004. Exposición colectiva itinerante 'Camiños de Portugal a Santiago'. Nas salas de Portugal: Arcoz de Valdevez, Vilanova de Cerveira, Melgaço, Ponte de Lima, Forum de Maia; e nas de Galicia: Tui, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón e Santiago de Compostela.
MÉRITOS
No catálogo Internacional do Primeiro Premio de debuxo 'Genaro Pérez Villamil' (Ferrol), nas páxinas adicadas a España foron seleccionados tres dos seus debuxos.
No 1º e 2º Concurso de Arte Postal Internacional, seleccionados seis debuxos seus para facer as postais.
Catro anos consecutivos foi seleccionada na Bienal de Pontevedra no seu concurso 'Novos Valores' con Diploma de Honra.
Foi seleccionada catro anos consecutivos nos Concursos que celebra o Concello de Vilagarcía de Arousa para Pintores Noveis, con Diploma de Honra.
Na Festa Internacional da Camelia (Vilagarcía de Arousa), outorgáronlle o Premio Camelia de Plata e Diploma, por un cadro alegórico ó mar con camelias.
Seleccionada tres veces consecutivas en Arte Xove Galego do Corte Inglés de Vigo.
Decembro, 2003. Finalista no 'I Certame de Pintura de Maiores de Galicia'. Santiago.
Decembro, 2004. Finalista no 'II Certame Pintura de maiores de Galicia'.Santiago.