CURRÍCULUM
Alejandro Quesada Legido leva dende os 20 anos adicándose á pintura. Despois de pasar por Artes e Oficios, aprendeu as diferentes técnicas pictóricas de mans de pintores como os seus pais (Fernando Quesada e Ana Legido), e Antonio Quesada co que estivo uns meses no seu estudio e...
González-Xesta, Luis
General
CURRICULUM
Deseño “autodidacta”, baseado principalmente na sinxeleza das formas e na orixinalidade.
Os materiais empregados son: arxila, nos seus diferentes tipos texturas e cores, pedra, madeira, metal e calquera outro que se atope no seu estado natural.
Con todo elo búscase, por unha parte crear unha forma no espacio que visualmente sexa estética e agradable, e por outra realzar o valor que os materiais teñen xa de por si, empregando para elo o menor número de liñas posibles, para lograr que a obra adquira todo o valor artístico que se pretende.
O autor está aberto a calquera material ou combinación de materiais cos cales consiga espertar no observador a sensación de agrado visual que, persoalmente, considera básico en calquera representación artística.
No caso das esculturas e cerámicas, tódalas pezas son “únicas”, irrealizables, non existindo a posibilidade de realizar moldes ou copias das mesmas.
A cada unha se lle asigna unha numeración que corresponde co seu tamaño, etapa de elaboración, ano da mesma e número de orde dentro de cada etapa.
Primeiros traballos a principios de 1980, recuperando as aptitudes infantís para o modelado.
Tras 3 anos de traballo, probando técnicas e descubrindo a resposta dos materiais a cada experiencia creativa, nace a necesidade de continuidade e de perfeccionamento que perdura na actualidade.
Outros 2 anos aportan unha mínima experiencia, que fai que a labor sexa máis productiva e que os resultados adquiran unha mínima calidade para a súa mostra fora do ámbito do autor.
1986. Realiza un curso de cerámica baixo a supervisión dun ceramista ourensán na que adquire coñecementos básicos de materiais e técnicas que enriquecen os traballos posteriores chegando a ser fundamental para o futuro.
1986. Participa no “II Premio de Cerámica Creativa” patrocinado polo Concello de Zaragoza.
1989. Participa na “Mostra de Artesanía Galega” no Centro Galego de Barcelona, e no “II Premio Nacional de Cerámica Creativa” de Zaragoza.
1990. Participa na “I Mostra de Cerámica Halcón Veicar”, A Coruña.
1991. Participa no concurso de escultura “Mariano Benlliure”, Centro Cultural Conde Duque de Madrid.
1991. Selección de tres obras para formar parte do “Catálogo Nacional de Cerámica - Extra Bolonia 91” da firma Batik de Barcelona.
1993. Segunda selección de 2 obras para formar parte do “Catálogo nacional de Cerámica - Extra Bolonia 93” da firma Batik de Barcelona.
1993. Realiza as esculturas conmemorativas da “Feira do Libro de Ourense”.
1997. Realiza unha escultura de 3x1 metros nos xardíns da “Cidade Deportiva Club Sto. Domingo” de Ourense.
1998. Deseña, elabora e desenrola unha idea sobre unha fonte inspirada no manancial de augas termais de “As Burgas” de Ourense, co fin de poder ser empregado nun futuro en algún emprazamento específico.
2000. Entrega o proxecto “Fonte Quente”, por encargo do Concello de Ourense, e financiado pola Xunta de Galicia, consistente nunha fonte para a 1ª Glorieta de circunvalación da Ponte do Milenio de Ourense, na calle Pardo de Cela, coa colaboración do arquitecto ourensán D. Ramón J. Valencia Hentschel.
2000. Realiza unha escultura figurativa por encargo da comunidade de propietarios de oficinas do número 45 da rúa Sto. Domingo de Ourense.
2001. Inauguración da fonte denominada “Fonte Quente” na glorieta da calle Pardo de Cela coincidindo coa inauguración da “Ponte do Milenio” en Ourense.
2002. Deseña e realiza o logotipo e imaxe corporativa da razón social “Gestoría Nogueira Álvarez” sita en Juan XXIII, Ourense.
2003. Crea o logotipo do Colexio Público Integrado José García García, Ourense.
2004. Crea o logotipo e imaxe corporativa da Sociedade Deportiva Club Santo Domingo, Ourense
2005. Realiza un mural no Edificio de Oficinas situado na rúa Santo Domingo, Ourense.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1988. Primeira exposición individual no Museo Municipal de Ourense.
1989. Sala da “Casa da Xuventude de Ourense”.
1995. Sala do Ateneo de Ourense.
1995. Sala “A Fábrica”, no Concello Ourensán de Allariz.
1996. Cafetería-Sala de Exposicións “Café Isaac” de Ourense.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1987. Primeira exposición da súa obra, no Liceo Recreo Ourensán na "II Mostra de Artesanía".
1991. Participa na exposición de cerámica “Feitura” organizada polo Museo de Ferrol.
1997. “Colectiva 97” na Cafetería-Sala de Exposicións “Café Isaac” de Ourense.
1997. “Día Mundial del Sida”, na sala “Visol” de Ourense.
1997. “Artesanía no Nadal” na Cafetería-Sala de Exposicións “Café Isaac” de Ourense.