Crítica
Vinculado ó mundo da arte tanto por vocación como por tradición familiar, Manuel Bonome puido levar a cabo un labor diversificado e personal no que expresou a súa actitude e asemade a súa relación con Galicia e coa súa cidade naal, Santiago de Compostela, punto importante no desenvolvemento e formación da súa personalidade.
Boiseiro no ano 1955 do Ministerio de Educación e da Diputación da Coruña para cursar estudios de escultura de París, aistiu, a clases na Escola do Louvre alternando ensinanzas co escultor Santiago Bonome, que residía en París desde o ano 1929.
A partir desas datas o seu labor creativo ten lugar en Galicia, desenvolvendo unha obra persoal na que o esforzo e a constancia caracterizaron o seu conxunto.
Cabe destacar na personalidade desde xenuino artista a súa faceta como profesor é investigador de formas e expresións. Nese aspecto mostrounos, sempre o seu lado máis precioso dentro dun realismo que se abre a un mellor coñecemento do xénero humano.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente da Xunta de Galicia.
O prestixio acadado por Manuel Bonome dentro do panorama actual da plástica galega reflictese nunha coidadosa obra froito da súa actividade artística.
Protagonista de diversas exposicións individuais e colectivas desenvolveu no seu traballo unha serie de facetas cun denominador común que é o caracter tradicional en todalas súas formas tendo, por isto, en conta as raices propias. Bonome segue vinculado tanto por sentimmiento como por tradición familiar a todas aquelas modalidades artísticas que sen perder unha unidade global mostran a personalidade do seu autor.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.