Noticias
-
A XXIV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, convocado pola Asociación Cultural Instituto Rosalía de Castro e Abanca co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, xa ten gañadores. Na modalidade de novela en galego, fíxose co galardón Marcos Calveiro coa obra O xardineiro dos ingleses, coa que xa obtivera tamén o Premio García Barros do Concello da Estrada. Nas variantes de novela en castelán e en lingua estranxeira, os vencedores foron Pedro Mairal, con La uruguaya, e Han Kang, con A vexetariana, respectivamente.
-
O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura a exposición 'En construción', que subliña o encontro entre arte e arquitectura no CGAC. A mostra, que estará aberta ata o 28 de outubro, 'afonda na idea de construción como clave para comprender a relación do ser humano co espazo, a paisaxe e a casa', segundo sinalou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Lembrou, ademais, que o museo está a piques de celebrar o seu 25 aniversario e sinalou que é 'un espazo de diálogo e convivencia para artistas moi dispares'.
-
O 'Corazón da Artesanía. VII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia', organizado pola Fundación Artesanía de Galicia, volverá encher esta fin de semana o complexo histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). Este encontro convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación coa música, a gastronomía e outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades. Entre o venres e o domingo, os visitantes poderán coñecer os 49 expositores de produtos gourmet así como o traballo de 52 artesáns de 26 oficios diferentes.
-
Iniciáronse onte as reunións dos grupos de traballo para a elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021 (ECG21), coa xuntanza na Cidade da Cultura de Galicia, centrada na música, e concretamente na súa vertente de difusión cultural. Nela participarán o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e unha vintena de axentes e representantes de entidades deste ámbito, entre os que estaban a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos ou os Amigos da Ópera de Santiago e de Vigo.
-
La Delegación de la Xunta en Madrid/Casa de Galicia acogió la presentación/ rueda de prensa con motivo del estreno del largometraje de Atlántico Films, “El vientre de Europa” del cineasta gallego Juan Pinzás, una sugerente y personal película de cine de autor realizada a lo largo de casi dos años de trabajo y rodada en Madrid y Berlín. El estreno en cines está previsto para el 17 de noviembre.
-
La Federación de Librerías de Galicia ha presentado la iniciativa "E ti, que vés lendo?", un concurso con el que los libreros gallegos premian a los lectores que compartan en la red sus recomendaciones literarias. Tal y como subrayó Sol Vázquez, directora general de Comercio, la actuación, que busca incrementar el hábito lector y dinamizar las ventas, cuenta con el apoyo de la Consellería de Economía e Industria, a través del programa para impulsar el smart commerce y la presencia en internet y las redes sociales del comercio de cercanías gallego.
-
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inaugurou hoxe a súa Mediateca, que pon á disposición do público uns fondos compostos por máis de 6.000 revistas, preto de 10.000 libros e 7.500 títulos en DVD. O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, acompañado por César Antonio Molina, presidiu a posta en marcha da nova instalación, que leva o nome do que fora director do CGAI entre 1999 e 2006, José Luis Cabo, cuxa viúva, Carmen Villagómez, tamén participou no acto.
-
La segunda edición de PHotoGalicia, organizada por Caixa Galicia y PHotoEspaña, trae cinco «grandes exposiciones» de fotografía a cinco ciudades gallegas, desde el mes hasta febrero, en las que se pueden visitar, entre otras, imágenes del fotógrafo Eugene Smith.