Notas
-
O Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo, ten comprometidas oito actuacións no decurso deste mes de decembro, entre elas a da inauguración do Belén de Begonte que pregona nesta edición o presidente da Xunta.
-
A Biblioteca Nodal de Lugo coordina esta convocatoria, na que participan máis dunha vintena de bibliotecas públicas da provincia. Dentro da programación cultural do centro, o venres día 12 o prestixioso científico Angel Carracedo dará unha conferencia sobre A revolución xenómica.
-
A delegada da Xunta en Lugo destacou que o belén de Begonte e todo o movemento cultural e social que hai arredor del representa “un gran exemplo vital para todos nós”, durante a presentación do XLIII Nadal en Begonte, unha representación cultural que engloba un abano de propostas culturais que se desenvolven ao longo de case dous meses e que ten como máis destacada manifestación o xa tradicional belén electrónico. Este ano, o pregón de apertura correrá a cargo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
-
O venres inaugúrase no Refectorio do MPLugo unha mostra fotográfica dos autores dos proxectos seleccionados no certame II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea correspondente ao ano 2014. Este concurso conta co patrocinio da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia e os gañadores ex aequo foron Berto Macel que presenta “Le cirque noir” e José Romay con “Rururbania Salnés” .
-
O CGAI proxecta ata o 20 de decembro unha escolma de títulos representativos do período 1989-2014, xunto cunha serie de producións pioneiras dos anos anteriores, como parte da homenaxea á historia recente do audiovisual de Galicia desde a estrea en novembro de 1989 das longametraxes Sempre Xonxa, Continental e Urxa.
-
O libro e a lectura nos medios é o tema central da undécima edición deste foro de reflexión, que se desenvolve ao longo no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. Na xornada promovida pola Asociación Galega de Editores, destacouse o papel dos medios de comunicación na implicación social en torno á lectura.
-
Formato Producciones adapta como película para TV a novela da escritora lucense Marta Rivera de la Cruz: Hotel Almirante. Agadic, que contribúe con máis de 200.000 euros de cartos públicos, visitou a rodaxe da miniserie dirixida por Antonio Cuadri, e que conta coa interpretación dos galegos Mariana Expósito e Antonio Mourelos, entre outros.
-
La asociación de bloggers de viaje, GaliciaTB, ofrece entre el 22 de noviembre y el 22 de diciembre en Santiago de Compostela la exposición fotográfica "Recuerdos del presente", en apoyo a Médicos Sin Fronteras. Los fondos recaudados se destinarán íntegramente a la campaña #StopEbola. Se puede colaborar en redes con el hashtag #RecuerdosdelPresente.
-
Unha aproximación audiovisual á arquitectura. Así define o CGAI o ciclo retrospectivo que adica ao cineasta alemán Heinz Emigholz no que ofrece integramente a serie de retratos de arquitectos "Architecture as Autobiography" e as súas últimas fitas, nas que reflexiona sobre o modernismo arquitectónico. As 9 proxeccións complétanse con coloquios con arquitectos galegos.
-
Xosé Luis Otero coordina a mostra colectiva Efímero: The intensity of everything ephemeral, en PortoXosé Luis Otero coordina a mostra colectiva das obras de Alicia Larsson, Rubén Martínez, Pedro Fernández, Tony Bascoy-Under Varela, Andrea Montes, Brenda Graña e a ESAD. Efímero: The intensity of everything ephemeral, exhíbese en Porto (Portugal) entre o 28 de novembro e o 28 de decembro.