Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agadic visita a rodaxe de Hotel Almirante, baseado na novela de Marta Rivera

O director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, visitou na capital lucense a rodaxe da película Hotel Almirante, producida pola compañía galega Formato Producciones e subvencionada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O filme, que adapta nunha miniserie televisiva de dous capítulos de 90 minutos a novela homónima da escritora Marta Rivera de la Cruz, obtivo para o seu financiamento un total de 245.925 euros a través da convocatoria de axudas de 2012 destinadas ás producións audiovisuais en lingua galega.

Hotel Almirante, que tamén conta coa participación de Televisión de Galicia, estase a gravar en distintas localizacións das cidades de Lugo e A Coruña desde o pasado 27 de outubro. A xornada de rodaxe, desenvolvida en concreto na Praza Maior e no interior do edificio do Círculo das Artes de Lugo, foi seguida por Raquel Arias e por Jacobo Sutil como representantes das institucións que lle prestan apoio ao filme. Alí puideron intercambiar impresións cos membros do equipo artístico e técnico da película, entre os que se atopan o produtor Andrés Barbé, o director e guionista Antonio Cuadri ou os actores galegos Mariana Expósito e Antonio Mourelos.

Ambientada nos anos 50, ‘Hotel Almirante’ conta a historia de Cristina Sanjuán, unha moza madrileña que escolle unha habitación do Hotel Almirante de Ribanova para rematar coa súa vida. Nunca antes estivera na cidade e ninguén a coñecía, pero Cristina tiña un motivo para querer que o escenario da súa morte fora precisamente aquel cuarto. A partir de aí, reconstrúese un apaixonante relato de amor, ao tempo que se desenvolve a crónica da vida do propio hotel, desde a súa fundación na segunda década do século XX ata os anos da posguerra.

Fotografía: http://www.formato.net/tv_p.html
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información