Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A RAG acolle o acto de presentación do trixésimo volume dos cadernos Ramón Piñeiro

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou na sede da Real Academia Galega o trixésimo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro que, baixo o título ‘Antonio Blanco Freijeiro. Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990)’ segue o ronsel do xénero epistolar para dar conta da amizade persoal e da relación profesional dos dous intelectuales galegos.

Acompañaron o secretario xeral o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle; e o editor do volume, Xosé Luís Cochón Touriño.

‘Antonio Blanco Freijeiro. Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990)’

Antonio Blanco Freijeiro. Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990) é un volume epistolar que se sitúa na liña de anteriores achegas a un xénero no que Ramón Piñeiro deixou varios milleiros de mostras, maxistrais algunhas delas. Trátase, neste caso, da revelación da amizade persoal e das relacións profesionais de dous rigorosos intelectuais galegos, personalidades significativas no terreo das Humanidades. Introdución, notas aos textos, índices e repertorios bibliográficos son parte desta edición respectuosa cos textos orixinais e ilustrada.

Cadernos Ramón Piñeiro

Os Cadernos Ramón Piñeiro, coordinados polos profesores Luís Alonso Girgado e Xosé Luís Cochón, son o medio de difusión con que conta o proxecto de investigación homónimo que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria botou a andar, no marco co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), hai agora 12 anos.

Desde esa data, lévanse publicados 30 volumes arredor do pensamento e da cultura galegas e, en especial, de escritores relevantes da nosa literatura. Entre eles, figuran os autores homenaxeados cada ano con motivo das Letras Galegas, obxecto de interesantes estudos, como o que xa está preparando o CRPIH arredor de Xosé F. Filgueira Valverde.

Centro Ramón Piñeiro

O CRPIH é un organismo dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística que se ocupa de levar adiante e de difundir proxectos de investigación lingüística, literaria, histórica e antropolóxica centrados en Galicia. Actualmente, as súas liñas de traballo xiran arredor da lingüística aplicada, a literatura medieval, a recuperación de publicacións literarias ou a identidade colectiva desde un punto de vista antropolóxico.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información