Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Unha análise da nova regulación legal do teletraballo desde diferentes perspectivas

O volume, que foi presentado nas últimas horas na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo, ten a súa orixe no incremento exponencial rexistrado durante a pandemia do uso do teletraballo, que fixo necesario modificar o “conciso art. 13 do Estatuto dos Traballadores cunha normativa específica, como é a Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia”, explica Alexandre Pazos.

Tanto o docente e investigador do Departamento de Dereito Público Especial da UVigo, como Lousada e Ron xa escribiran antes de este volume outras publicacións sobre o impacto das tecnoloxías e o teletraballo no ámbito laboral, “razón pola que consideramos necesario elaborar unha monografía actualizada que contemplase estes cambios lexislativos ante os novos desafíos dixitais”, explica Pazos . Os tres autores escribiron de xeito coordinado os 16 capítulos que integran o volume, aínda que cada un deles se centrou nalgunhas partes concretas, segundo o seu grao de especialización na materia

Cuestións abordadas no volume

O réxime xurídico do teletraballo, así como o principio de igualdade e non discriminación neste contexto; a importancia do acordo de traballo a distancia; a dotación mantemento de medios e compensación de gastos; o tempo de traballo; a prevención de riscos laborais; a desconexión dixital e o dereito á intimidade e aspectos procesuais, de seguridade social e o teletraballo transnacional, son as cuestións nas que se centra o volume. “Hai que ter en conta as vantaxes da correcta implementación do teletraballo nas empresas, xa que reduce os desprazamentos, aforro enerxético, facilita o emprego de persoas con mobilidade reducida ou discapacidade, con cargas familiares e do rural”, enumera Pazos, que tamén apunta que o traballo a distancia pode axudar a reducir o absentismo laboral, a reter o talento e permite traballar con profesionais doutros países.

Non obstante, o docente da UVigo tamén sinala que cómpre non esquecer que no ámbito do teletraballo tamén se necesita reforzar a protección das persoas traballadoras ante as posibilidades dun maior illamento, dificultades na promoción profesional ou a aparición de novas patoloxías mentais como o tecnoestrés. “En definitiva, analizouse o teletraballo desde diferentes perspectivas dunha maneira global e completa”, resume Alexandre Pazos.

Maior seguridade xurídica para evitar conflitos

Os autores de Trabajo a distancia y teletrabajo. Regulación laboral, procesal y de Seguridad Social; teletrabajo transnacional consideran que nos últimos anos, tras as recentes reformas lexislativas, se avanzou moito na regulación e protección do traballo a distancia e do que se caracteriza polo uso das novas tecnoloxías. “Actualmente existe maior seguridade xurídica que axuda a evitar conflitos entre empregadores e persoas traballadoras a distancia”, considera Alexandre Pazos, que cre, debe realizarse unha valoración positiva de todos os avances nesta materia, “aínda que que é certo que sempre se pode mellorar, polo que no libro tamén se recollen distintas propostas de mellora”.

En canto ao público ao este volume está dirixido, Pazos sinala a calquera persoa que estea interesada na materia e tamén, pola súa accesibilidade, ao público en xeral. “Con todo, está especialmente recomendado a persoas con formación xurídica en Dereito laboral, como poden ser estudantes en Dereito ou Relacións Laborais, avogados, graduados sociais, profesores universitarios e xuíces, xa que atoparán unha boa guía interpretativa cimentada nunha actualizada e afinada análise lexislativa, doutrinal e xurisprudencial, que convida á reflexión e ao debate sobre unha materia de rigorosa actualidade”, explica o autor.
Universidade de Vigo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información