Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Maribel Garrote

  • General
  • Críticas
  • Galerías

General

Maribel Garrote fixo os estudios primarios no Grupo Escolar Ibáñez Martín. Foi ahí onde comezou a sentir afección polo debuxo. Había un libro na súa clase que lle parecía maravilloso, ó que chamaban 'o diario', onde escribían e debuxaban únicamente algunhas alumnas. Cando foi merecedora delo, estaba tan motivada que a súa afección polo debuxo crecía...

Fixo o bacharelato no Instituto Concepción Arenal. Tamén ahí  se sentiu moi cómoda durante aquelas clases de debuxo nas que copiaban bustos ou cabezas de escaiola, únicamente modelándoas coas sombras feitas a lapiceiro.

Estudiou Maxisterio na Escola que rexentaban na súa cidade as M.M. Mercedarias. Alí foi onde comezou a facer decorados, carteis, ilustracións para nenos... na asignatura de Metodoloxía e Prácticas. Cada vez disfrutaba máis coas materias de expresión plástica. Volcouse coas súas habilidades no mundo dos nenos para o que se estaba a formar. As súas primeiras acuarelas son desa época. A decoración atrae moito a súa atención e, cando empezou a traballar como mestra lle encomendan ese tipo de traballos.

Casou nova e continuou coa súa vida laboral no Colexio Jesús Maestro (Discípulas) onde continua actualmente. Pero tiña unha asignatura pendente: asistir a clases de debuxo e pintura. Pero a súa vida familiar crecía... naceron os seus dous fillos e era complicado atopar tempo para máis actividade. Sen embargo, nunca deixou os lapiceiros nin os pinceis. Nunha ocasión, navegando co seu marido (mariño mercante) propuxéronlle subir á cheminea do barco a pinta-lo contrasinal da Compañía... e alí arriba, no medio do mar, cumpliu coa encomenda. Tamén na Igrexa da súa parroquia lle encargaron facer decorados, carteis... Incluso cada ano decoraba o cirio pascual.

Cuando os fillos se fixeron un pouco maiores, decidiu poñerse en contacto co pintor de máis prestixio da súa cidade para acudir ás súas clases. Foi unha decisión importantísima para ela. Xunto ó mestre D. Ricardo Segura Torrella aprendía a debuxar, a ver e a descubrir brillos e sombras. Pronto a iniciou no óleo.

Para ela é unha honra ter aprendido tanto a carón deste artista xa desaparecido. Nesa época, formou parte da Delegación de Mans Unidas, que celebraba unha exposición e subasta de arte cada ano. Esto facía coincidir a súa afección á pintura con estar en contacto cos pintores que desinteresadamente donaban as súas obras para a ONG. Co tempo, incluso chegou a dirixir aquelas subastas.

Nesa mesma época, viaxou co seu marido como cooperantes a unha misión en África. Durante un mes estiveron alí axudando. Unha vez máis os seus pinceis deixaron alí a súa pegada. Nas paredes da gardería fixo catro murais con motivos da selva, para os nenos. Alí permanecen intactos pese ó paso do tempo.

Cando faleceu Segura Torrella intentou buscar outro mestre, pero esta vez pretendía comunicarse a través da acuarela. Foi D. Xosé González Collado, quen lle ensinou esta técnica. Con él ó seu carón estivo aprendendo varios anos. Hoxe continúa vendo a súa pintura e tratando de empaparse da súa arte.

Ós seus alumnos que se están formando, intenta transmitirlles a súa pasión polo debuxo e a pintura. Os nenos, coa súa frescura son capaces de comunicar nos seus debuxos máis que os adultos. Tamén a través dos seus alumnos, a aprendizaxe dela é maior.

Actualmente pinta pola súa conta, no seu estudio, lendo e vendo... para seguir aprendendo.

 

EXPOSICIÓNS:

1995. Centro cultural Carvalho Calero (Inferniño) “alumnos de Segura Torrella”.

1996. Exposición Solidaria Ateneo ferrolán.

1997. Feitura Ateneo ferrolán.

1997. Manos Unidas. Casino ferrolán.

1998. Manos Unidas. Casino ferrolán.

1998. Cáritas. Sala de Exposicións da Autoridad Portuaria.

1999. Manos Unidas. Casino ferrolán.

2000. Manos Unidas. Casino ferrolán.

2001. Asociación de Amigos do Alzehimer. Ateneo ferrolán.

2002. “Alumnos de González Collado”. Estudio 23, S/ Francisco, 23. Ferrol.

2002. Acuarelas Maribel Garrote. Sala de exposicións do Casino. Ferrol.

2003. Acuarelas desde Galicia. Jardín de Serrano. Madrid.

2004. Ateneo ferrolán. Ferrol.

2004. I mostra pequeno formato. Pintores Ateneo ferrolán.

2005. Factoría de ilusiones. Jardín de Serrano. Madrid.

2005. EQUIOCIO. Ferrol.

2005. II mostra pequeno formato. Pintores Ateneo ferrolán.

2005. Galería Be Truth. Ferrol.

2006. XV Certame de pintura “Vila de Cedeira” (cadro seleccionado) Exposición colectiva.

2007. Casino ferrolano. “Rincones”. Ferrol.

2008. Jardín de Serrano. “Aires de mar”. Madrid.

2009. Residencia de Maiores de Caranza. “Que polas miñas ventás entre a luz ao voso fogar”. Ferrol.

2009. Escola Politécnica “Marqués de Suanzes”. Ferrol.

2010. RecreArte. O Castro. Cerdido.

2011. Edificio Arquivo. “Colores”. Betanzos.

 

Páxina web: www.maribelgarrote.com

Críticas

Tocar un sueño

Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE

Autor de la crítica: 
Ana Martín García, Licenciada en Geografía e Historia y en Periodismo, especialidad en Arte Moderno y Contemporáneo.
  • Leer más

A pintura de Maribel

A pintura de Maribel provoca o goce estético que se produce no acto de recrea-la obra contemplada, goce e satisfacción inherentes ó noso proceso de terminación e interpretación de cada unha das acuarelas expostas. Semella que cando Maribel se encontra co papel en branco -o primeiro material co que se encontra sempre un artista, sexa pintor, poeta, escultor ou director de cine- toma a determinación de poñer en marcha unha factoría de ilusións da que ela é a dona como creadora.

Autor de la crítica: 
Antonio Orozco, Doutor en Química e pintor.
  • Leer más

Yo te presento de frente

Yo te presento de frente. Has venido a mi estudio, al igual que otros futuros pintores, a recibir las enseñanzas basadas en los conocimientos que solo poseo por mi edad y te metí de cabeza en ese mundo mágico de la acuarela y tú te dejaste guiar, sin saber dónde entrabas. 
Sé que te gusta el mar, es mar siempre desconocido que contemplas desde las rocas de Meirás o de Campelo, desde Valdoviño o desde Lago, donde el Sol nace y muere y por la noche las estrellas brillan como soles.

Autor de la crítica: 
José González Collado, pintor y gran acuarelista contemporáneo de Ferrol.
  • Leer más

Galerías

Pinturas

    Directorio

    • Ensinanza (19)
    • Editoriales (97)
    • Museos (122)
    • Salas Exposición (127)
    • Artesanía (554)
      • cerámicas (108)
      • coiro (46)
      • gráficas (12)
      • metal (82)
      • pedra (40)
      • vidro (30)
      • instrumentos (22)
      • textil (68)
      • xoiería (39)
      • madeira (67)
      • varios (41)
    • Teatro (239)
      • maxia (22)
      • aficionados (126)
      • compañías profesionais (93)
    • Música (1179)
      • son e iluminación (22)
      • varios (168)
      • solistas, duos y trios (30)
      • orquestras y grupos (43)
      • música clásica (283)
      • grupos folk-rock-pop (154)
      • rondallas (39)
      • corais e orfeóns (296)
      • bandas de música (149)
    • Cultura Tradicional (319)
      • agrupacións de canto tradicional (56)
      • grupos de música popular (262)
    • Bibliotecas (813)
      • bibliotecas públicas (456)
      • bibliotecas especializadas (357)
    • Danza (308)
      • outras danzas (38)
      • danza tradicional galega (270)

    Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

    Aldeas Gallegas

    Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
    Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información