Lourdes naceu o 11 de febreiro de 1969 en Durango (Vizcaya).
FORMACIÓN
Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco, 1992. “II Minicurso de activación da creatividade” da Universidade de Santiago 1998....
MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Fachada principal Interior do Museo
Este Museo debe o seu nacemento no ano 1969 a D. Francisco M. Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños, que exerceu a súa profesión de mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao combinándoa con ensinanzas marítimo-pesqueiras.
Dende 1994 da Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo se fixo cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo.
Horario de inverno (de outubro a maio) Martes a sábado: Mañás de 11:00 a 14:00 Tardes de 16:00 a 19:00 Domingos e festivos: Mañás de 11:00 a 14:00 Luns pechado Horario de verán (de xuño a setembro) Martes a sábado: Mañás de 11:00 a14:00 Tardes de 17:00 a 20:00 Domingos e festivos: Mañás de 11:00 a 14:00 Luns pechado O Museo permanecerá pechado os días 1 de xaneiro (Aninovo) 22 de Maio (Santa Rita), 24, 25, 31 de decembro e os dous festivos locais que acorde fixar o concello de Cervo cada ano