Pasar al contenido principal

Vaamonde, Ramón

General

Categorías: 
Fotografía

 
Fotógrafo multidisciplinar, Ramón Vaamonde, é autor de 10 libros de carácter fotográfico relacionados con Galicia.
 
Foi galardoado en varias ocasións con premios de diferentes categorías, o máis importante o primeiro premio outorgado polo Ministerio de Cultura no “Certame sobre fotografía popular” no ano 2009, galardón que repetirá no 2012 cun terceiro posto gracias á serie “Carnavales de Barro: A Farrapada”. Recentemente foi elixido como semi-finalista nun dos premios con maior concorrencia a nivel nacional.
 
A súa obra ten estado presente en numerosas exposicións tanto individuais como colectivas, a de maior repercusión foi “A Galicia Salvaxe, a rapa das bestas”, realizada na Fundación Caixa Galicia no ano 2008, gracias a unha bolsa para primeira obra outorgada por esa mesma Fundación.
 
As súas reportaxes ilustran as páxinas de revistas como “Revista de turismo de Galicia” ou “Imagen y comunicación” e blogs como o da prestixiosa marca Profoto.
 
A principios do ano 2012, crea, en Santiago de Compostela (Galicia) o estudo fotográfico homónimo no que, xunto a outros colaboradores, traballará sobre fotografía comercial: fotografía de arquitectura, fotografía de moda, fotografía de produto e fotografía industrial.

Galerías

Galería de Fotografía
  • Fotografía