María Barros naceu o 27 de xaneiro de 1980 en A Coruña.
Tendo unha clara vocación polo artístico e gran paixón polo deseño, cursa deseño de moda no Istituto Europeo di Design de Milán, cidade onde realiza a súa tese baixo a dirección da directora de Vogue Italia, Franca Sozzani.
Con...
María Isabel Vázquez García
General
María Isabel Vázquez García, nace en Taboada (Lugo) no 1972.
Dende moi pequena sente paixón polo debuxo, os animais e a danza, recibindo formación de ballet clásico e estudiando veterinaria na USC, no campus de Lugo.
Comeza a traballar na clínica de pequenos animais en Madrid, para trasladarse posteriormente a Inglaterra onde exerce cinco anos ó mesmo tempo que amplía a súa formación.
Retorna a Galicia e abre clínica propia, aínda que en 2020 vese obrigada a abandoar o exercicio da veterinaria ó desenrolar Sensibilidade Química Múltiple.
Retoma entón o debuxo, comezando a pintar con acuarela. No 2023 pásase ó óleo, polo que sente debilidade ó traerlle recordos de cando sendo nena a súa nai tamén pintaba.
É autodidacta xa que a Sensibilidade Química Múltiple non lle permite asistir a clases ou o uso de disolventes, o que condiciona a súa pintura, sendo gran parte alla prima.











