Pasar al contenido principal

Torre González, Miguel

General

Categorías: 
Pintura

Miguel Torre González naceu en 1965 no Val do Mao, O Incio (Lugo).

CURRÍCULUM
Ós dez anos comeza a etapa de aprendizaxe de debuxo, e ós 13 de xeito autodidacta se inicia na pintura.
Ós 15 anos outórganlle o terceiro premio, no certame de pintura “Meigas e Trasgos”, de Sarria (Lugo).
Dende 1981 a 1997, participa en algunhas exposicións, principalmente colectivas. Pero sobre todo investiga:
na pintura profundiza en variedade de estilos, como o informalismo, a abstracción o pop e o hiperrealismo.
E tamén na escultura, no ferro principalmente.
Cursa estudios técnicos que lle axudan nas súas montaxes-instalacións, nas que combina: neumática, electrónica e robótica.

PREMIOS
1980. Terceiro Premio no Certame de Pintura Meigas e Trasgos de Sarria (Lugo).
1998. Premio do Público no X Certame Lugonova de Cervo (Lugo).
1999. Premio do Público no XI Certame Lugonova de Cervo (Lugo).

EXPOSICIÓNS
1981. Exposición colectiva en Incio (Lugo).
1986. Exposición colectiva na Sala do Banco de Crédito e Inversións de Lugo.
1987. Exposición individual en Sarria (Lugo).
1999. Exposición colectiva Homenaxe ó pintor Avari, Casa da Cultura de Sarria (Lugo).
2000. Exposición colectiva Arte Sarria 2000, Sarria (Lugo).
2001. Exposición colectiva en Biblioteca Cocoa Beach, Miami (USA).
Exposición permanente en D’Madera, Lugo.
En preparación: Exposición en dos galerías virtuais, e páxina web propia

CERTAMES
1985. Bienal de Arte de El Corte Inglés, en Vigo (Pontevedra).
1997. VII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, en Begonte (Lugo).
XIX. Salón de Otoño de Pintura de Plasencia (Cáceres).
1998. VIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, en Begonte (Lugo).
XII Certame Nacional de Pintura José Segrelles, en Albaida (Valencia).
II Salón de Outono de Pintura, Real Academia Gallega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, Coruña.
XX Salón de Outono de Pintura de Plasencia (Cáceres).
II Certame Nacional de Artes Plásticas para Xóvenes, Castellón.
1999. LX Exposición Nacional de Artes Plásticas Valdepeñas (Ciudad Real).
VI Certame Nacional de Pintura Adolfo Lozano Sidro, en Córdoba.
IV Premio de Pintura José Malvar para novos valores, Santiago de Compostela (A Coruña).

CONTACTO
E-mail: migueltorre@terra.es

Galerías

Galería
  • Pintura