Juan Carlos Platis Cores, pintor e escultor.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS: 1995. Sala Pórticos, Vilagarcía de Arousa. 1996. Sala La Musaraña, Vilagarcía de Arousa. 1997. Fogar do Pescador, Vilaxoán. Sala La Carrilana, Santiago de Compostela. 1998. Galo Negro, Cambados. 1999. Cultura Quente,...
Geada, Alberto
General
Alberto Geada é referente para a conservación e divulgación do calzado primitivo de madeira. Se falamos de cultura, arte e tradición achegámonos á maxia do calzado primitivo de madeira, non hai moitos anos a madeira era a principal materia. Aquí comezou a recuperación e posta en valor do calzado primitivo á través da nova promesa. As zocas comezaron a súa andaina por feiras, pasarelas de moda, teatros, danza, museos e últimamente no cine… A zoca galega empezou a ser coñecida, recordada e admirada por Europa e América.
A colección Alberto Geada é o espello do pasado e un referente do calzado de madeira. Estas pezas revalorizan a nosa cultura e pon en valor o patrimonio material-inmaterial do que foi o meirande protector do pe humano ata o século XXI. Geada realizará un espectáculo de 25 minutos, dando a coñecer cómo traballan as ferramentas que se utilizaron durante séculos na elaboración do calzado, "ferramentas de orixe prerromana”. Técnicas de traballo con centos de anos de tradición.
Alberto Geada Val é o último zoqueiro de “zoca” en Galicia e un dos últimos representantes do calzado primitivo en Europa.
Evolucionar e distinguir é o reflexo do éxito. Para Alberto Geada Val a palabra Artesanía deixou de ter existencia dende hai uns anos. 'Non quero que me definan coa palabra artesanía nin artesan. As exhibicións enmarcoas dentro de actividades culturais. O concepto do meu traballo como zoqueiro tivo que desanclarse: “mafia artesanal” un pequeno sector institucional que cabalga coas axudas destinadas ós propios artesáns, o cortalumes das fundacións de artesanía e o conxunto das empresas colaboradoras nos anos anteriores foron un problema moi importante para os oficios tradicionais. Dilapidar un oficio en grave risco de extinción, significa perder a identidade dunha zona ou lugar, a esto se lle chama patrimonio material-inmaterial protexido polas leis europeas do propio sector. Segunda parte. Unha palabra, unha sinal de identidade mundial; Artesanía é o universo, unha palabra que propón un valor engadido a un produto. O resultado final é a venda do produto e a diferencia vaina marcar o prezo do conxunto do mesmo produto, dito doutro xeito, non importa o proceso, a creación, dentro do prezo do produto, para iso xa está estabilizada a palabra (artesanía).
Alberto crea as súas propias palabras para vender o seu produto. A distinción do produto enmarcarase dentro do xeito que o propio creador estime oportuno, levándoo ó escenario final, o cliente. ZOQUEIRO, simplemente un zoqueiro. ZOCAS, simplemente zocas. Alberto forma parte dunha élite da cultura europea, “As Zocas” patrimonio cultural. As representacións nacionais e internacionais levan a marca Alfoz, compromiso adquirido co Concello de Alfoz situado no noroeste peninsular español. Marca Galicia, sin afíns comprometidos entre as autoridades competentes. Alberto, traballa a posibilidade coas autoridades galegas de ser imaxe corporativa no sector do turismo cultural galego.












