Manuel Bonome naceu o 14 de maio de 1926 en Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña).
É un dos artistas galegos máis representativos. Naceu na rúa Garcia Prieto, parroquia da Nosa Señora da Mercé de Conxo, que na actualidade se converteu nun dos barrios de maior...
Quesada, Yayo
General

CURRÍCULUM
Alejandro Quesada Legido leva dende os 20 anos adicándose á pintura. Despois de pasar por Artes e Oficios, aprendeu as diferentes técnicas pictóricas de mans de pintores como os seus pais (Fernando Quesada e Ana Legido), e Antonio Quesada co que estivo uns meses no seu estudio e do que aprendeu que non era tan fácil poder pintar e gaña-la vida con iso.
Con moita curiosidade marchou ó sur a aprender outras técnicas, como a da súa irmá Marieta Quesada en Córdoba, que o acolleu no seu estudio por un período de casi un ano. Despois destas colaboracións de aprendiz-mestre instálase nun estudio en Córdoba combina o pintar con dar clases de pintura. Nun principio amósase reticente a expoñer pero, despois de pintar un mural de 6x20 metros en Ferrol co seu tío Jaime Quesada en medio dunha praza, decide facer a súa primeira exposición colectiva e quitarse ese medo a expoñer. Cambia o seu estudio a Granada onde sigue vivindo ós 29 anos.
EXPOSICIÓNS
Xullo 2003: Colectiva na Galería Dua Dos. Vigo
Decembro 2003: Colectiva nas Galerias Marga Prada (Ourense) e Dua Dos (Vigo).
Marzo 2004: Individual na Galería Dua Dos, Vigo.
Outubro 2004: Individual na Galería Marga Prada, Ourense.
Decembro 2004: Colectiva nas Galerias Marga Prada (Ourense), Dua Dos (Vigo), Trisquel e Medulio (Tuy) e Termes (Vigo).