Pasar al contenido principal

Martínez Pereiro, Xosé Luis

General

Categorías: 
Ilustración

Xosé Luís Martínez Pereiro naceu en A Coruña en 1959.

CURRÍCULUM
Ten formado parte da embaixada que representou ao humorismo gráfico galego na VIII Bienal Internacional do Humor celebrada en Cuba (La Habana e San Antonio de los Baños, 1993).
Desde o 2001 participa no Salão Luso-Galaico de Caricatura que ten lugar en Vila Real (Portugal) e Ourense (Galiza) da man da Humorgrafe Editora.
No 2002 coloca chistes na I Bienal Internacional de Humor Raiano (Idanha-a-Nova) e na Festa Internacional da Caricatura (Lousã e outras localidades do centro de Portugal), catálogos editados pola Humorgrafe.
No 2003 colabora coa iniciativa itinerante “Humor Crú”, exposición sobre a marea negra verquida polo petroleiro “Prestige” nas costas galegas (Museo do Humor de Fene, Casa Dopeso en As Pontes, Carballo, Narón, Malpica, Salvaterra do Miño, Toledo, Madrid), na exposición internacional “O humor na música” artellada polo Centro Socio-cultural de Sober (Lugo), no Salón Internacional de Humor Gráfico Oscar Abín “Gaucher”, Museo Julio E. Suárez “Peloduro”, Fundación Lolita Rubial, Minas (Uruguay), na 3ª Biennal Internacional d´Humor de Catalunya (Col-lectiva de Dibuixants Gallecs, Humoràlia, Lleida), Salão de Humor do Piauí (Teresina, Brasil), Salão Internacional de Humor de Caratinga (Minas Gerais, Brasil) e tamén en “Os humoristas gráficos galegos e a Guerra Civil” (Museo do Humor, Fene).
É polo 2004 cando o seu humor visita -nalgún caso para quedar- as páxinas www.humoralia.org, www.karikaturevi.com, www.vagaodohumor.com, www.tebeosfera.com, www.irancartoon.com, www.portalelcan.net, satiramorim... e colabora na Humourfest (Italia), Obeid Zakani Cartoon Festival (Irán), Humodaeva (Romanía), Uluslararasi Karikatur Festivali (Ankara, Turquía), Jaka bede (Polonia), Biennale Internationale “Humour et vigne” (Francia), Deveti Medunarodni Salon Karikature ZEMUN (Serbia & Montenegro), Seoul World Cartoon (Corea), Grafikatur (Alemania), The international Cartoon Salon Cvorak (Croacia) e na Humor Kompaniet “Nytt Europa-nya gränser” (Suecia).
Tamén nese ano expón colaxes, caricaturas e chistes na Fatih University de Istanbul (Turquía), no Estúdio de Artes do Cassino (Rio Grande do Sul, Brasil), na International Nairobi Cartoon Exhibition (Kenya) e aparece o seu humor nas revistas Al-Pharaennah Magazine (Exipto) e Nosorog (Bosnia & Herzegovina).
Xa no 2005 colabora no 1º Espraiar do Cartum Gaúcho (Rio Grande do Sul, Brasil), no International Cartoon Festival “Strumica” (Rep. de Macedónia), na exposición simultánea Cartunistas pelo trabalho (UNIVATES, Universidade do Vale do Taquari e FURG, Fundação Universidade Federal do Rio Grande, Brasil), EurocARToons (Kaliningrado, Rusia) e en varias exhibicións virtuais que sobre a figura do “Papiez Jan Pawell II” se instalan na Internet.

PUBLICACIÓNS
Ten colaborado nas revistas de humor "Can sen dono", "XO! A voz que para as bestas", "O Farelo" e nos periódicos “A Peneira” e “A Nosa Terra”.
Varias antoloxías recollen a súa obra: “Os humoristas e a reconversión”, “Humor galego ao 88”, “Antoloxía Internacional de Humor Antirracista” con multiedición nas linguas da Comunidade Europea (Université René Descartes, Paris, Prize Evens Foundation, 1999), así como o Boletín Sapoconcho e o Catálogo Curuxas editados polo Museo do Humor de Fene.

PREMIOS
En 2000 convence ao xurado internacional dos Premios “Castelao” de Humor Gráfico (Pontevedra) que premia seis dos seus chistes.

Galerías

Galería
  • Ilustración