Pasar al contenido principal

Diego Cervera, Corín

General

Categorías: 
Pintura

 
María Consuelo del Rosario Diego Cervera naceu en Ferrol, ainda que na actualidade reside en Barallobre, Fene (A Coruña).  
 
CURRÍCULUM
É deliñante de profesión. E ten estudios de Debuxo Lineal e arquitectónico. O seu contacto e apreciación pola arte comezou xa dende nena. Vive en Puerto Ordaz (Venezuela) dende 1979. Considera este país como propio e é onde exerce a súa profesión. Aprende a expandir a súa creatividade con acrílicos de xeito autodidacta en decoración e deseño de interiores combinando unha variedade de estilos e técnicas.
Volta a España en 1995 e dende 2000 a 2005 profundiza na técnica do óleo da man da artista fenesa Dolores Fernández González. Estudiosa da arte en xeral, a súa fonte de inspiración nalgunha das súas obras son os pintores prerrafaelistas ingleses, pintores de lenda, poesía e misterio.
É unha procuradora do belo, o alto e o difícil á hora de plasma-lo sobre o lenzo. Incorpórase ó movemento artístico de Ferrolterra en 2002.
 
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2003. Lar de Toxos e Froles (Ferrol).  
 
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2003. XIII Concurso de Pintura “Bello Piñeiro”, Mugardos. Obra seleccionada.
2004. Exposición de Arte “Donas da Fantasía”. Sala de exposicións, Casa da Cultura, Fene.
2004. IX Certame de Pintura “Galería Burela” Lugo. Obra seleccionada.
2004. Salón de primavera “La mujer en la pintura”, Casino Ferrolano, Ferrol (A Coruña).
2004. Exposición “Formas y colores verano 2004”, Claustro de Ortigueira (A Coruña).
2004. Exposición “Salón de Navidad” Galería Porta Nova. Ferrol.
2005. Exposición de primavera “La mujer en la pintura”, Centro Comercial Porta Nova, Ferrol.
2005. Exposición “7 artistas Ferrolanos”, Sala de exposicións Áncora, Cedeira.
2005. Exposición de Arte Centro Comarcal de “A Mariña Occidental”, Viveiro (Lugo).
2005. Exposición de Arte Centro Comarcal de “Bergantiños”, Malpica (A Coruña).
2006. Salón de Primavera “La mujer en la pintura”, Casino Ferrolano. Ferrol.
2006. Exposición de Arte Centro Comarcal “Tabeirós” Terra de montes. A Estrada (Pontevedra).
2006. Exposición “Cuatro artistas de Ferrol” (Grupo Arco Iris), sala de exposicións “Áncora”, Cedeira (A Coruña)
2006. Centro Comarcal de Ordes (A Coruña).
2006. “Cuatro artistas de Ferrol” (Grupo Arco Iris), Hospital Naval, Ferrol.
2007. “Cuatro artistas de Ferrol” (Grupo Arco Iris) Asociación de Artistas de A Coruña.
2007. “El Gaitero en el arte”, Toxos e Froles, Ferrol.
2007. Salón de primavera 2007, exposición “La mujer en la pintura”. Casino Ferrol.
2007. Centro Comarcal de “Bergantiños” en Malpica (A Coruña).
2007. Centro Comarcal de “O Salnés” en Cambados (Pontevedra).
2007. “Cuatro artistas de Ferrol” (Grupo Arco Iris) Sala Áncora, Cedeira. (A Coruña).
2007. “Cuatro artistas de Ferrol” (Grupo Arco Iris) Sala de cultura. Concello de Burela (Lugo).
2007. Exposición II Certame de pintura do mar galego, Toxos e froles. Ferrol. Obra seleccionada.
 
BIBLIOGRAFÍA
2004. Diario de Ferrol, “Nordesía” Catálogo de miradas por Don Nicolas Vidal.
2005. Libro de contos “Un niño no piñeiral” editado pola SAF (1ª edición).
2006. Revista Nº 20 de “Poesía Galicia” editado pola SAF.
Revista comarcal Ferrol Hoy Nº4. “La mujer en la pintura” (Reseña de pintoras- SAF).
Revista comarcal Ferrol Hoy Nº8. Pintura “4 artistas de Ferrol”.  
 
OUTROS DATOS
Membro da Asociación Artística Ferrolana (SAF) dende 1976.
2005. Ilustracións en diferentes edicións para a revista da SAF, Poesía Galicia.
2005. Ilustracións para o conto “Un niño no piñeiral” de Mercedes Zaera (1ª edición).
2005. Ilustracións para o libro de poesía “Ronsel de Lúa Espida” de Xoán García.
2006. Ilustracións para a revista EIVA da Asociación socio-cultural de minusválidos.
2007. Ilustración (portada) da revista editada pola SAF “Poesía Galicia Nº 21”
Forma parte do grupo pictórico “Arco Iris” xunto á pintora Manuela Castro, o pintor e crítico de arte Carlos Barcón e o escultor-pintor Rafael Nadales.
 
OBRA
Coleccións privadas en Venezuela: Puerto Ordaz, Maracaibo e Caracas.
Coleccións privadas en España: Santander, Madrid e A Coruña.
Obra pública na sede do Real Coro Toxos e Froles, Ferrol (A Coruña).
Obra pública na sala da cultura do concello de Burela (Lugo).
Obra pública no museo “Poeta Javier de la Rosa”, Agaete (Gran Canaria).
Obra pública no Estudio de Arquitectura “UBIQA Arquitectos”, Dena (Pontevedra). 

Críticas

Crítica

LA PINTURA ROMÁNTICA DE CORÍN DIEGO
Sus obras al óleo poseen un toque romántico con influencias de la mitología, interpretada de una manera muy original, y las leyendas artúricas, que nos evocan la temática prerrafaelista. Su paleta mezcla las gamas cálidas, con preferencia de tonos...

Galerías

Galería 2
  • Pintura

Galería
  • Pintura