Pasar al contenido principal

Díaz, María Xesús

General

Categorías: 
Pintura

 
María Xesús Díaz nace na Coruña en 1957.
 
FORMACIÓN
A súa madrugadora vocación artística lévalle a introducirse no debuxo e a pintura sendo moi nova. Estuda na Escola de Artes da súa cidade natal aínda que a súa verdadeira formación pictórica comeza na década dos 80. Actualmente traballa no seu estudo da Coruña facendo medrar a súa carreira artística e persoal. As súas obras visitaron galerías nacionais e internacionais , é membro da Asociación de Artistas Plásticos Galegos "ARGA". O seu estilo impresionista e persoal está cheo de misterio, soidade e quietude. Os froitos dos seus escenarios, desembocan sempre en sentimentos e sensacións reconfortantes. Achegarse á súa pintura é achegarse ao seu interior. 1987 Expón por primeira vez en Madrid, na I Mostra de Unión Fenosa de Arte Contemporánea e a continuación no Concello da Coruña, de forma colectiva. Logo desta primeira toma de contacto co espectador alleo, a formación e a procura dun estilo propio ocupan o tempo da artista. 1996 - 2000 Na segunda metade da década dos noventa encádrase a primeira etapa da súa obra pictórica. Estilo de tendencias naïf e cores vivas: laranxas, vermellos e amarelos. Xentes, bodegóns e paisaxes galegas, as cales converteranse nunha firma de identidade. Expón no Hércules Coruñés, no Casino, na Asociación de Artistas e na Sala Goya da Coruña, así como no Liceo de Betanzos. 2001 - 2004 A partir do ano 2000 a súa obra comeza a percorrer o resto da xeografía galega. A tendencia naïf deixa paso a unha paisaxe realista con tinguiduras impresionistas, herdado da etapa anterior. Busca de novas tonalidades e cores: azuis, verdes. Alongamento do trazo e emprego de novas técnicas. Expón na Xunta de Galicia en Lugo e en distintos puntos de Pontevedra. 2005 - 2010 É nos últimos anos cando se traspasan as fronteiras de Galicia e do territorio nacional, a artista séntese máis plena. A cor prevalece máis que nunca sobre o debuxo e o impresionismo faise cada vez máis patente. Uso completo da paleta. Os escenarios urbans toman forza, case sempre imaxinados e cunha interpretación moi persoal. A espátula convértese en instrumento esencial. Visita, entre outros lugares, Córdoba, Marbella, Madrid, Barcelona, Ferrol, Cidade Real, Monzón, Zaragoza, Buitrago del Lozoya, A Rioxa, Xirona, Vigo, París, O Porto, Plasencia, A Coruña e Santiago. Dende o 2005 participa tamén en diversas Feiras, Mercados de Arte, certames e encontros de pintura, actividades que se van facendo oco na súa vida artística. Establece contacto pleno coa actualidade artística do país. Coñecer as obras, pero coñecer tamén aos artistas.
 
EXPOSICIÓNS
2010. Corte inglés (Santiago de Compostela), Sala Caixa Galicia (Santiago de Compostela). Casa da Cultura (Plasencia). Galería Sargadelos (Madrid). Corte inglés (Barcelona). Casa das Artes (Vigo). 2009. Sala Aurelio Aguirre (A Coruña). Sala Torrente Ballester (Santiago de Compostela). AchegArte, Kiosco Alfonso (A Coruña). Pontes Luso-Galaicas, Oporto (Portugal). Ingafor Cultural (Vigo). Sala Toxos (Ferrol). Galería Vieira Portuense, Oporto (Portugal). 2008. I Ruta da Arte en Castelló d’ Empuries (Girona). Biblioteca Horta-Can Mariner (Barcelona). Bodegas Rioxanas, Cenicero (A Rioxa). Museo Cova de Medrano. Argamasilla de Alba (Ciudad Real). Sala Portanova (Ferrol), Casino de Ferrol. Galería “ARGA” (Santiago de Compostela). 2007. Galería Art&Fer Pur Creations (París). Casino Atlántico (A Coruña). Galería Arte-Imaxe Meliá María Pita (A Coruña). Fondo de Galería Xerión (A Coruña). Concello de Buitrago do Lozoia (Madrid). Un paseo entre arte, Sanxenxo (Pontevedra). Expo ADEGA (Itinerante por Galicia). 2006. Galería Factoría de Babel (Madrid). Casino Nova Andalucía Marbella (Málaga). Hotel Eurostars (A Coruña). Galería A Tecedeira (A Coruña). Galería Toranto (Barcelona). Arte 3 (Ourense). 2005. Víctor S’ Gallery, Marbella (Málaga). Sala Casino de Marbella (Málaga). Galería Alberto Sánchez (Madrid). Asociación de Artistas (A Coruña). Galería Blas de Otero S.S. Dos Reises (Madrid). 2004. Galería Aires (Córdoba). Casino Mercantil de Pontevedra. Pazo de Mendoza, Baiona (Pontevedra). 2002. Xunta de Galicia (Lugo). Balconadas de Betanzos. 2000. Sala Goya (A Coruña). Casa da Cultura de Quiroga (Lugo). 1999. Asociación de Artistas (A Coruña). 1997. Casino de A Coruña. Liceo de Betanzos (A Coruña). 1996. Hércules coruñés (A Coruña).
 
FEIRAS DE ARTE, MERCADOS E ENCONTROS.
2010. ARTencontro2010 (Santiago de Compostela). IX feira das Artes Plásticas Santiago e A Coruña. Encontro coa Arte, Lembrando a Uxio Novoneyra, Concello de Brión (A Coruña). 2009. II Feira da Arte Galega, Hotel Hesperia (A Coruña). Encontro coa Arte, lembrando a Celso Emilio Ferreiro, Concello de Brión (A Coruña). II Diálogos de Pintura e Poesía de Culleredo (A Coruña). Mostra de artesanía , libro e Arte, Concello de Culleredo (A Coruña). VIII feira das Artes Plásticas A Coruña e Baiona. 2008. Encontro coa arte, lembrando a Blanco Amor, Concello de Brión (A Coruña). I Ruta da Arte en Castellò d'empuries (Xirona). VII Feira das Artes Plásticas A Coruña e Baiona. 2007. IV Feira da Arte Arteria - Monzón (Huesca). Feira de artesanía Concello de Bergondo (A Coruña) . I Feira da Arte ARTZ (Zaragoza). 2006. Feira de artesanía Concello de Bergondo (A Coruña) . VII Feira da Arte Independente de Madrid - FAIM . Feira da Arte Cambio Climártico (Córdoba) . I Feira Puro Arte (Vigo). 2005. VI Feira da Arte Independente de Madrid – FAIM. Mercado da Arte, Aires de Córdoba. Participa en varios certames, obtendo premios e mencións de Honra. Ilustra libros é revistas, conta con unha ampla bibliografía. A súa obra está repartida en distintas colecions públicas e privadas.

Críticas

EL ONÍRICO UNIVERSO DE MARÍA XESÚS DÍAZ

La autora sorprende con unas pinturas de belleza perturbadora e inquietante, a las que el personal tratamiento del color presta una dimensión nueva y sugerente, llena de matices e infinitas lecturas.

Autor de la crítica: 
S. Garrido, escritora e xornalista.

APUESTA POR LOS SENTIMIENTOS

Apuesto por los sentimientos, positivos o negativos, que el arte despierta en el espectador. Apuesto por la observación que modifica nuestro estado de ánimo; y la obra de Mª Xesús Díaz me hace ganar con creces.
Soledad, quietud o misterio, los frutos de desérticos paisajes urbanos, naturales o marítimos, que resultan siempre en una opinión gustosa y positiva. Al fin y al cabo, la opinión que me reconforta. Apuesto y gano.

Autor de la crítica: 
Patricia Nogueira, realizadora e guionista.

UN DIÁLOGO PERMANENTE CON LA INTENSIDAD CROMÁTICA Y EL DIBUJO DE LA IDEA

María Xesus Díaz dialoga con la evidencia de la idea, pero la representa con libertad expresiva, buscando el contraste intenso del color, en combinación con un claro dominio del dibujo.
Sus creaciones, inciden en la sensualidad del color, presentando superposición de tonos, cromatismos insinuantes, combinando violetas con rojos, marrones rojizos con azules verdosos.

Autor de la crítica: 
Joan Lluís Montané, Asociación Internacional de Críticos de Arte

Galerías

Galería 1
  • Pintura

Galería 2
  • Pintura