Luis Engroba naceu en Pastoriza (Lugo) en 1964.
De moi novo trasládase definitivamente á capital, onde vive na actualidade.
Empeza a toma-la fotografía en serio sobre o ano 1987, cando compra a súa primeira cámara reflex e empeza a positivar as súas propias fotografías...
Cubeiro, Suso
General
Jesús Blanco Cubeiro naceu en 1954 en A Coruña.
Ilustrador de natureza e libros infantís e xuvenís.
Ten ilustrado ó longo da súa traxectoria profesional máis de 50 obras entre as que destacan “El secreto del Bosque Viejo” (Gadir), “El espíritu del bosque” (Everest), “Diccionario de seres fantásticos” (Espasa), “La vuelta al mundo en 80 días” (Bruño) e “Larita” (Everest) da que é tamén autor do texto.
Como ilustrador de natureza cabe destacar os centros de visitantes da aula de natureza de Chelo (A Coruña), da aula de natureza de Moreda do Courel (Lugo) e da aula de natureza do río Miño (Ourense).
A súa obra pódese atopar tamén no Museo do mar do castelo de San Carlos de Fisterra, na lonxa turística de Fisterra, no castelo de Santa Cruz en Oleiros e no Museo do Mar de Rianxo.












