Christian Villamide
General
Christian Villamide naceu en Lugo en 1966.
Inicia os estudos plásticos na Escola de Artes Plásticas da súa cidade natal en 1985, ainda que en realidade pódese considerar autodidacta e casi inmediatamente, realiza a súa primeira exposición na Deputación Provincial de Lugo. Dende entón, as súas mostras extendéronse por toda España, y fora dela, destacando entre outras:
1991. No Museo Municipal de Ourense.
1992. "Sensacións grialicas" na Fundación Ana Torre de Bos Aires.
1994. "Volcán Vulva - Vulva Volcán" na Galería Pardo Bazán da Coruña.
1997. "Humedades" na Galería Clérigos de Lugo.
2000. "Asépticos" Caja Madrid en Pontevedra.
2002. "Mutación" no Museo Provincial de Lugo.
"Percepciones" na Galería A+B de A Guarda.
"Paisajes incógnitos" en espacio Novacaixagalicia en Vigo.
2011. “Dunas” na Galería Paloma Pintos de Santiago.
2013. “Showroom” na Galería Pardo Bazán, A Coruña.
Colectivamente a súa primeira participación realizóuse en 1986, tamén en Lugo. Despois estará en eventos como “Salón d´Artistas” en Mechelen, Bélxica en 1995. O “Forum Atlántico de Arte Contemporánea”, O Porto, Portugal, en 1996. O "Foro Atlántico de Arte Contemporánea" na Coruña no 1997. O "VII Certame Isaac Díaz Pardo" na Coruña, en 2001. Participa na exposición “Foron Novísimos” Centro de Arte Torrente Ballester. Ferrol, en 2003. Na primeira e segunda mostra “Unión Fenosa”, en 1989 e 1991. “La mirada alrededor” Universidade das Palmas de Gran Canaria en 2003, “Naturaleza con Arte" nos xardíns do Museo Quiñones de León, en Vigo. Para onde é adquirida unha das súas obras no 2010. "73x73x273 A irmá do sono" en Santiago e Lugo en 2012. Tamén se viron obras súas en ESTAMPA, ARCO en Madrid e ESPACIO ATLÁNTICO en Galicia e en bienais de distintas provincias españolas, destacando a II Bienal de Canarias (Arte, Arquitectura e Paisaxe) en 2009.
Realiza ilustración, deseño, fotografía e decoración, así como gravado, técnica que ten importancia na traxectoria deste artista.
Christian Villamide é un pintor completamente conceptual, participa do minimalismo. Superficies casi uniformes, vagamente erosionadas, en tonalidades grises, casi neutras, reciben a inscrición de manchas a xeito de suxestións de formas, reiteradas, calculadamente distribuidas, xunto a esquematizacións dalgún elemento escueto.
Arte espiritualista, cerebral, moi elaborada pese á súa aparente despreocupación formal, claro que enganadora, porque o pouco que semella facer no cadro foi medido a conciencia. O silencio imponse nesta pintura axena a toda estridencia, a calquera alarde formal.