Abelaira, Celsa
General
María Celsa Abelaira Trigo naceu en A Coruña, en agosto de 1943.
CURRÍCULUM
Realiza estudios de Maxisterio na Escola Normal de Lugo, que finaliza no ano 1962.
Curso de debuxo do natural na Escuela de San Eloy de Bellas Artes de Salamanca, no ano 1978, recibindo un accésit de fin de curso.
No ano 1979 compaxina a realización dun curso de debuxo do natural na Escuela de Artes Aplicadas de Salamanca, cun curso de pintura na Escula de San Eloy de Bellas Artes da mesma praza e que finaliza con Matrícula de Honra.
No ano 1980 trasládase a Lugo, incorporándose ó estudio de pintura de D. Luis Gómez Pacios, “Pacios”, onde permanece ata o falecemento desde no ano 1983.
Recibe unha Mención especial polo cadro “Testa” na “Primeira Mostra de Corpus de Pintores Noveles Galegos”, organizada no ano 1980 polo Excmo. Concello de Lugo.
Participa en diversas exposicións colectivas na Escuela San Eloy de Bellas Artes de Salamanca, nos anos 1979-1983.
En 1983, en compaña de outros exalumnos de Pacios, instalan un estudio de pintura particular. Neste períodoparticipa en varias exposicións colectivas, que compaxina coa realización de diversos encargos.
É socio da “Asociación de Artistas Plásticos de Lugo” dende a súa constitución, tendo participado en tódalas exposicións colectivas celebradas por diferentes motivos e colaboracións.