Notas
-
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou adicar o sábado 30 de abril a homenaxe "Os bos e xenerosos", na súa II Edición, ao Museo do Pobo Galego polo seu intenso traballo a prol do noso patrimonio cultural e identitario.
-
Xa é posible acceder ao proxecto de edición dos materiais do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica que coordinou o CSIC e no que colaborou o Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC. No web pode consultarse tamén unha mostra dos datos sobre as falas románicas de 527 localidades da Península Ibérica e de Baleares.
-
O Festival do Pasatempo chega a Betanzos para encher o parque que lle da nome, o Parque do Pasatempo, da mellor música. O festival confirma xa os nomes de Andrés Suárez, David Bustamante, Sabela e Paula Mattheus e para dúas xornadas axendadas o 5 e 6 de xullo. O evento presenta un cartel con propostas para todos os públicos no que se combinan artistas consagrados e emerxentes, que levarán a Betanzos diferentes estilos e singularidades.
-
Galicia participa coa canción AI-LALELO no AI Song Contest, a Eurovisión das cancións escritas por intelixencia artificial, que terá lugar o vindeiro 6 de xullo en Liège (Bélxica). A candidatura está formada por un equipo multidisciplinar de seis artistas, enxeñeiros, investigadores e músicos galegos que teñen o obxectivo de promover a lingua e cultura de Galicia no eido internacional a través das novas tecnoloxías.
-
O Galician Film Forum (GFF) de Londres segue a promocionar o audiovisual galego malia as restricións impostas pola pandemia. Xa que logo, a organización vai retomar as súas proxeccións pero desta volta na modalidade en liña e vaino facer coa estrea internacional de ‘Eroski Paraíso’ na plataforma Vimeo On Demand. Así, os días 27, 28 e 29 de novembro a película de Jorge Coira e Xesús Ron vai estar dispoñible para todo o mundo na devandita web agás no caso de España, onde se pode atopar en Filmin.
-
O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica completará este outono a programación da súa oitava edición que foi interrompida por mor da declaración do estado de alarma o pasado marzo. Grazas á complicidade das entidades colaboradoras, a organización do Festival vai ser quen de programar unha vintena de espectáculos que se repartirán nos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña, Ourense, Vigo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén e Bertamiráns.
-
Presentouse en Tui, en rolda de prensa, os contidos da sección galega así como toda a programación que compón a nova edición do Festival Internacional de cinema Play-Doc que se celebrará do 23 ao 27 de setembro na cidade fronteiriza. Sen perder o carácter internacional que definiu a programación de Play-Doc durante toda a súa traxectoria, nesta edición, o festival presenta uns contidos cos que pretende reforzar os vínculos coa súa comunidade.
-
A sostibilidade agro-territorial centrará a temática do XII Congreso de Economía Agraria que se desenvolverá do 4 ao 6 de setembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC, un foro científico de carácter estatal para o que xa confirmaron a súa inscrición uns 130 investigadores de universidade españolas e iberoamericanas nas que se imparten estudos de agronomía e enxeñaría forestal, ademais de profesionais destes sectores, e no marco do que se presentarán 159 comunicacións e máis dunha decena de pósteres.
-
Promovido polo Padroado do Pedrón de Ouro e o Concello de Mazaricos (A Coruña), organízase co fin de fomentar a literatura narrativa en lingua galega e homenaxear ao seu artellador, o pontevedrés Modesto R. Figueiredo. Poden participar autores e autoras de calquera nacionalidade, con unha ou máis obras en lingua galega, inéditas e que non se presentasen antes a ningún outro certame.
-
La Agadic anunció la adjudicación de ayudas a 11 empresas gallegas para contribuir a la cobertura de sus gastos de asistencia a las ferias internacionales MICA (Mercado de Industrias Culturales Argentinas) y Womex (World Music Expo). Se busca así impulsar la distribución de nuestros productos culturales, favoreciendo la presencia de entidades gallegas en encuentros estratégicos para la proyección exterior de las industrias culturales.